Equiocio Ferrol arranca este xoves con catro días de concursos hípicos e actividades de ocio

Últimos preparativos para o arranque este xoves en As Cabazas (Covas) de Equiocio Ferrol 2025. O veterano certame ecuestre e de lecer para a familia volve do 31 de xullo ao 3 de agosto con novidades destacadas, como a ampliación a catro dos días de competición hípica e máis de 250 saídas diarias a pista, ou a reformulación da súa oferta de actividades infantís e de benestar e saúde.

A partir das 10 horas do último día de xullo, arrinca a competición e, en paralelo, producirase a apertura da zona de stands turísticos, culturais e sociais e máis do Ecomarket, con novas firmas de artesanía sostible. E ao longo da mañá chegarán tamén as primeiras actividades no campo da sonoterapia, no da artesanía e no do medioambiente, así como as primeiras degustacións de produtos do mar…

No terreo da hípica, nesta primeira xornada a pista central de As Cabazas acollerá exclusivamente probas do Concurso Territorial de Salto (CST). Unha competición autonómica que nos días posteriores compartirá escenario co concurso Nacional de Saltos Tres Estrelas Cidade de Ferrol, que volverá contar coa participación de deportistas de primeirísimo nivel tanto de España como de Portugal, e co Nacional de ponis.

Grazas ao CST, e en liña cos últimos anos, Equiocio Ferrol mantense fiel ao obxectivo de convertese no punto de encontro e na gran festa estival para os xinetes e amazonas galegos, coidando e dando o seu lugar á canteira hípica da nosa terra.

No que atinxe á programación de lecer, non faltarán nesta primeira xornada citas tradicionais nin estreas. Así, pola tarde, antes da inauguración oficial, botan a andar por primeira vez os talleres de cocina creativa de Gadis para o público máis novo. Ás 17 horas, será o momento da xincana de BTT, organizada co apoio do Club BTT Val de Esmelle. E a última cita clásica, a iso das 20 horas, será o Festival de mascotas.

Equiocio Ferrol conta nesta 34 edición co patrocinio de Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Turismo de Galicia, Gadis e Estrella Galicia. Conta ademais coa colaboración da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, Sogama, J.Rilo, Integral Motion, Coca Cola e a Comunidade de montes veciñais en man común de Covas e Esmelle.

PROGRAMA OFICIAL  EQUIOCIO 2025

Lea también

Equiocio colle ton antes do inicio do Concurso Nacional tres estrelas Cidade de Ferrol

Comeza o espectáculo en Equiocio Ferrol. As primeiras probas do Concurso Territorial de Salto (CST) …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *