Cerdido acolle a presentación do número 12 da revista Terras do Ortegal

O acto ten lugar o venres 1 de agosto ás 19:30 horas na área recreativa do Castro.

A área recreativa do Castro será o escenario escollido para a presentación do número 12 da revista Terras do Ortegal, que leva por título «Mulleres do Ortegal». Este novo exemplar inclúe 340 páxinas con 13 artigos dedicados á figura feminina na comarca, poñendo en valor o seu papel ao longo da historia e na actualidade.

O acto, que terá lugar ás 19:30 horas, contará coa participación de Manuel Bouzamayor, presidente de Terras do Ortegal; José Martiño Montero Santalla, mestre e investigador; e José Manuel Sierra, colaborador da publicación.

Dende o Concello convídase á veciñanza a asistir a este evento de divulgación da cultura e do patrimonio do Ortegal.

Lea también

El Centro de Interpretación de Caldoval celebra una exitosa «Noche de Estrellas»

El pasado sábado 19 de septiembre de 2026 se celebró la IX edición de la …