Ferrol aproba en sesión plenaria as contas anuais de Emafesa do exercicio 2025

‘Todas as medidas que tivemos que acometer permitiron recuperar o equilibrio, pagar todas as débedas e sanear as contas» manifestou a concelleira de Facenda, Susana Sanjurjo.

A concelleira de Facenda, Susana Sanjurjo, afirmou que “este é un Goberno de xestión que traballa cun alcalde serio e que presenta resultados. Despois de oito anos sen aprobar as contas de Emafesa tivemos que vir nós para aprobalas; desde o ano 2016 ata o 2023”. “O certo e verdade é que volveu a xestión ao Concello de Ferrol”, engadiu.

Este Goberno aprobou as contas pendentes de Emafesa e tamén aprobou “en tempo e forma” as contas do 2024, para hoxe aprobar as do 2025 “con puntualidade e con rigor”. “Todo o camiño que percorrimos, todas as medidas que tivemos que acomenter, que non foron poucas nin fáciles, permitiron recuperar o equilibrio, pagar todas las débedas e sanear as contas”, subliñou Sanjurjo.

Nas contas do 2025 se presentan perdas de 628.000 euros, “despois de anos de perdas millonarias de dous e tres millóns de euros. Unha empresa seafunde moi rápido, pero recuperala costa moito máis”, manifestou a edila.

Cómpre lembrar que desde o pasado mes de setembro, o Concello é dono do 93% da empresa, un cambio que supón transformar débeda en accións. Esta medida é a opción máis segura para o Concello de Ferrol e a que menos compromete o futuro das finanzas locais, unha decisión coa que non só rescatamos Emafesa, senón que se garante a continuidade dun servizo esencial, incrementando o control público da auga e cun horizonte claro: que o ano 2030 o Concello poida facerse co 100% da empresa.

“Cun patrimonio de 5,5 millóns de euros, a medida é o resultado máis importante porque con isto se salva a empresa da quebra total; non podía pagar nin as facturas da luz. Emafesa estaba en causa obxectiva de disolución”, recordou. “Por primeira vez o fondo de manobra é positivo, pois a diferenza entre os activos coorrentes e os pasivoscorrentes é de máis de cinco millóns de euros. Isto non se recorda neste Concello. É a única maneira de garantir a viabilidade da empresa e poder pagar as facturas. Conseguimos que Emafesa, agora, sexa un 93% pública. Emafesa é dos veciños”, declarou Sanjurjo.

“Hoxe Emafesa ten un patrimonio neto de 5,5 millóns de euros; un fondo de manobra de 5,1 millóns e con todas as garantías xurídicas. O noso deber é traballar para que Emafesa, que é a empresa de auga de todos os veciños, funcione e teña as contas saneadas”, concluíu.

Lea también

VOX se querella contra el delegado del Gobierno en Galicia por no proteger su acto electoral en Ferrol

VOX ha presentado una querella ante el Tribunal de Instancia de Ferrol contra el delegado …