Valdoviño entrega aos maiores de 60 participantes no curso de dixitalización os seus diplomas

O Concello de Valdoviño entregaba este lúns os diplomas acreditativos do aproveitamento do curso de dixitalización aos veciños e veciñas maiores de 60 que, ao longo das últimas semanas, participaron na iniciativa.

Entrega dos diplomas no curso dixitalización | Concello de Valdoviño

A acción formativa celebrouse dende finais de xuño no centro sociocomunitario de Valdoviño e máis no local social de Aviño, cun enfoque eminentemente práctico. Así, os alumnos e alumnas aprenderon a sacarlle o máximo partido ao teléfono móbil -uso de WhatsApp, videochamadas, GPS e localización, conexión a redes wifi ou organización de contactos e fotografías-. 

Tamén se abordou neste curso o uso de caixeiros automáticos mediante simulador -con operacións como a retirada de efectivo, transferencias ou pagamento de recibos-, así como a realización de xestións sanitarias, centradas especialmente na App do Sergas.

Entrega dos diplomas no curso dixitalización | Concello de Valdoviño

Con esta iniciativa, que contou co apoio económico da Consellería de Política Social, o Concello quixo contribuír a mellorar a formación das persoas maiores en materia dixital, reforzando a súa autonomía e seguridade.

Lea también

Neda renueva la c/ Xeneral Morgado, uno de los principales accesos al casco histórico

El Ayuntamiento de Neda destinará una parte de los fondos adicionales del Plan único (POS …