O espectáculo musical infantil “Radio Bulebule” abre este mércores en Albarón a nova edición de Miúdo verán

O programa de lecer Miúdo verán. Cultura en familia, organizado polo Concello de Neda co apoio de Agadic, arrinca este mércores 29, apartir das 20:30 horas, co espectáculo “Radio Bulebule” de Paco Nogueiras. A proposta, especialmente pensada para a rapazada mestura humor e música.

Radio Bulebule | Condello de Neda

O espectáculo, que se porá en escena no campo da feira de Albarón, está baseado no libro CD homónimo, inspirado no mundo da radio. Así, inclúe unha ducia de cancións organizadas como unha grella de programación con temas que abranguen dende noticias e deportes ata música e previsión meteorolóxica.

O traballo, marcado polos ritmos modernos e pegadizos que convidan ao baile, foi galardoado na categoría de música infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música celebrados no ano 2021.

A nova edición do programa municipal “Miúdo verán” conta co apoio da Xunta no marco do proxecto Cultura no Camiño, que busca axudar a dinamizar localidades como Neda polas que pasas as rutas xacobeas.

Lea también

O Chanfaina lab volta a San Sadurniño cun ciclo itinerante polas parroquias

O encontro audiovisual Chanfaina lab volve ser arredor de mes e medio punto de encontro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *