As asembleas da industria auxiliar aproban a modificación dos acordos do naval “Disposición adicional segunda do convenio sidero da Coruña”

Navantia Fene- Archivo

As asembleas de traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Navantia aprobaron a pasada semana aceptar a proposta da patronal para a modificación da disposición adicional segunda.

Despois de que os sindicatos presentaran á AENFE e á Dirección de Navantia o pasado mes de decembro unha proposta para modificar os coñecidos como acordos do naval, e despois de manter varias reunións entre a parte social e as empresas do naval, o pasado xoves e venres someteuse á asemblea xeral o texto proposto polos empresarios.

Celebradas cinco asembleas nas distintas quendas e nos dous estaleiros da Ría de Ferrol, finalmente esta proposta foi ratificada pola maioría dos cadros de persoal da industria auxiliar.

Dende a parte social destácase a unificación de táboas, rematando así co que consideran «unha discriminación salarial histórica entre as persoas traballadoras»; así mesmo a incorporación do plus a categorías que até agora non o cobraba; e o incremento por riba do convenio colectivo para aquelas categorías máis baixas son as tres patas que destacan os sindicatos que participaron na negociación. Recoñece a parte social que esa proposta non recolle a totalidade das demandas da industria auxiliar, pero poñen en valor o avance que supón nas condicións salariais dos traballadores e traballadoras do naval.

Unha vez máis, os sindicatos queren destacar que isto foi posible polo éxito das xornadas de folga durante a negociación do convenio de sidero e que presionaron a patronal do naval de Ferrol.

Lea también

El personal de Prosegur en Navantia no descarta movilizarse si no se le abona el plus de astillero

El personal de Prosegur que presta el servicio de vigilancia en los astilleros de Navantia …