A Mostra de Teatro Galego de Cariño abre a venda de bonos

Os bonos poderanse adquirir durante toda a vindeira semana na Casa do Concello. As entradas individuais venderanse unicamente media hora antes de cada función.

O Concello de Cariño abre este luns 27 de xullo, a venda de bonos para a XLVIII Mostra de Teatro Galego, que se celebra do 2 ao 8 de agosto no municipio do Ortegal.

Os bonos terán un prezo de 25 euros e permitirán acceder ás cinco funcións de pago programadas en horario nocturno no Auditorio Municipal. Estarán á venda ata o venres 31 de xullo no servizo de recadación, situado na primeira planta da Casa do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas. As entradas individuais non se venderán de maneira anticipada e poderán adquirirse unicamente media hora antes do inicio de cada función.

Este tícket inclúe o acceso aos espectáculos ‘Ictus’, de Chévere; ‘Mofa e Befa: Os dous de sempre’, de Producións Teatrais Excéntricas; ‘Costa da Morte. Cartografía dunnaufraxio’, de Mariña Lestón; ‘Feminísimas’, de De Ste Xeito; e ‘A Penúltima’, protagonizada por Carlos Blanco. Todas estas representacións celebraranse ás 22:00 horas no Auditorio Municipal.

Entradas individuais

Pola súa banda, as entradas individuais custarán 6 euros para os espectáculos dirixidos ao público adulto e 1,50 euros para as representacións infantís de pago, que tamén son cinco en total: ‘A viaxe feliz de Ramón Sanfiz’ (Fantoches Baj), ‘Crunch 2’ (Muu), ‘Berenguela na gaiola’ (Galeatro e Xarope Tulú), ‘Tarabela Ambulante’ (Tarabela Creativa) e ‘Concerto Singular’ (Píscore).

A programación da Mostra complétase con outros cinco espectáculos gratuítos: ‘Animacreques’, da Compañía Catropés, con saída desde a Casa do Concello; ‘Historias para escagharriñarse’, de Teatro Ghazafelhos; ‘Tríade e Alleo’, da Compañía Colectivo Glovo; ‘Enredos’, de A Vela Circo, e ‘Degustación de imposibles’, do ilusionista Joshua Kenneth, que porá o peche á XLVIII Mostra de Teatro Galego. Estas últimas propostas desenvolveranse na Porta da Pulida.

A programación completa pode consultarse na páxina web da Mostra e nas súas redes sociais oficiais.

Ademais, e como antesala do festival, a Escola Municipal de Teatro de Cariño ofrecerá unha representación especial o sábado 1 de agosto. O alumnado de entre 10 e 14 anos porá en escena a obra ‘Quen matou a Pepe Corleone?’, con guión e dirección de Pepablo Patinho, nunha cita que servirá para inaugurar simbolicamente unha novam edición da Mostra.

Lea también

Café Quijano actúa en el Auditorio de Ferrol el 17 de abril

El Gobierno local de Ferrol ha aprobado el expediente de contratación del concierto del grupo …