Nace o Club de Fútbol Sala Valdoviño

Inician actividade co equipo sénior, a previsión de debutar na liga social, e a intención de botar a andar as categorías inferiores.

O pavillón municipal O Longoiro convertiuse no escenario perfecto para a presentación do Club de Fútbol Sala Valdoviño. Dende xa, as instalacións deportivas son a sede local deste novo proxecto que nace a iniciativa dun grupo de mozos principalmente de Valdoviño, xogadores dende nenos de fútbol e fútbol sala.

Entrados na trintena a maioría deles, tiñan o soño de crear un club no que continuar facendo aquilo que máis lles gusta, e hai uns meses Adrián Montero, un deses rapaces veciño de Vilarrube, tomou a iniciativa e comezou a realizar os trámites precisos para a constitución.

Estudante do ciclo de Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, completaba daquela a súa formación realizando as prácticas no Concello, onde formulou o proxecto e recibiu o apoio da Concellería de Deportes, que cedía un espazo clave no pavillón para facelo posible.

A día de hoxe, Adrián Montero explica que comezan actividade co equipo sénior e a previsión de debutar na liga social, pero sobre todo, coa firme intención de botar a andar as categorías inferiores, especialmente tras constatar o interese de nenos e nenas coñecedoras do proxecto. Así mesmo, queren concentrar esforzos en dar a coñecer o club, e poñer en marcha tamén iniciativas formativas, das que darán conta nas próximas xornadas.

Lea también

Se ha registrado en Valdoviño un nuevo acto vandálico en el entorno de la playa de A Frouxeira

Nuevo acto de vandalismo en el entorno de A Frouxeira. La empresa concesionaria del servicio …