Teatro de rúa «Ñiki Ñaque» na Porta do Sol de Valdoviño

Teatro de rúa «Ñiki Ñaque» | Concello de Valdoviño

A Porta do Sol de Valdoviño foi escenario na tardiña deste xoves do espéctáculo de teatro de rúa «Ñiki Ñaque», protagonizado por Ángel Blanco e Dani Lago, baixo a dirección de Roberto Vázquez.

O público respondeu á convocatoria, prevista inicialmente na contorna do parque da Frouxeira, e trasladada finalmente á carpa sita no estacionamento fronte á Casa Joselito ante a previsión dunha chuvia que, finalmente, respectou a función.

«Ñiki Ñaque» | Concello de Valdoviño

Numerosas persoas, tanto nenos como maiores, achegáronse ao corazón da Porta do Sol para seguir a coprodución do Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente na que se entrelazan técnicas de clown, máscara e acrobacia.

Lea también

El XXXIV Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño se jugará el 22 y 23 de agosto

En marcha los preparativos del XXXIV Torneo de Fútbol Ayuntamiento de Valdoviño. El concejal de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *