Obradoiro de cabezudos no Concilia Tempos Verán de Valdoviño

Momento do Obradoiro de cabezudos | Foto- Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño suma unha nova actividade de lecer didáctico aos campamentos Concilia Tempos Verán que promove neste mes de xullo e no de agosto no local social de Pantín. Desta volta, activaba un obradoiro de cabezudos, que guiará durante todos os luns de mes a Asociación Morreu o Demo, colectivo adicado a recuperar o títere tradicional galego e a súa figura máis ilustre, Barriga Verde.

 A entidade, coa que o Concello colabora todos os anos, profundizará na tradición dos cabezudos, con gran arraigo en Galicia, e estreita vinculación histórica, técnica e conceptual co títere no marco do teatro popular, a animación de rúa e a cultura festiva.

A actividade conta co apoio económico da Deputación, Xunta e Ministerio de Cultura.

Lea también

Neda proxectará na segunda quincena de outubro dúas películas do Ciclo nacional de cine e mulleres rurais

Neda súmase por segundo ano consecutivo ao “Ciclo nacional de Cine y Mujeres Rurales”, que …