A obra pictórica do aresán Ramón Casteleiro se expoñe na Casa da Xuventude de Ares

A Casa da Xuventude de Ares, no núcleo urbano da vila, acollerá a partir do 16 de xullo unha nova exposición de Ramón Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, previa xubilación, o seu enorme interese e curiosidade pola pintura, a escultura e o modelado en barro.

Nesta ocasión, a mostra pictórica recibe o nome de ‘Horizontes’, ao estar composta de aproximadamente uns dez cadros onde o horizonte é protagonista, ben dende un achegamento onírico (paisaxes inexistentes, ilusorios), ben dende o conceptual, ao falar, por exemplo, do horizonte da emigración, con todo o que implica: a separación, o afastamento.

A exposición estará aberta ao público dende o 16 até o 30 de xullo no andar superior da Casa da Xuventude baixo o seguinte horario: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas e martes mércores e xoves de 20:30 a 23:00 horas.

Será unha boa oportunidade de coñecer outra perspectiva da obra deste pintor aresán, que xa expuxo anteriormente outras mostras do seu traballo, con pinturas de paisaxes da zona, reproducións de grandes clásicos, obras abstractas ou mesmo a súa produción escultórica.

Lea también

Equiocio Ferrol explorará la conexión entre naturaleza y pintura de la mano de Arte BCen

Equiocio Ferrol se transformará en una galería de arte al aire libre. Una iniciativa de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *