Neda anticipa a celebración do Día nacional de Galicia co espectáculo “Tradicorda con danza” do grupo As Pias

O Concello de Neda anticipa neste 2026 a celebración do Día nacional de Galicia. E faino ao son da música folk de As Pias. Esta formación emerxente de Ferrolterra trae á vila o xoves 23 de xullo o espectáculo “Tradicorda con danza”.

O grupo, cuxo repertorio incorpora versións de pezas tradicionais galegas e de cancioneiros, ademais de composicións propias, actuará na rúa Real de Neda -nas inmediacións da Torre do reloxo- a partir das 21:00 horas.

No espectáculo, o quinteto, creado co obxectivo de reivindicar a corda na musica tradicional e dignificar a música galega e en galego, botará man de instrumentos de corda como a guitarra galega e os violíns, instrumentos de vento como a requinta, o pito pastoril e a gaita e , por suposto, da voz. De feito, presentan pezas tradicionais cantadas tomadas dos repertorios galego e portugués.

As Pias, que se define como “unha mestura de músicas de formación clásica e da escola tradicional” estará desta volta acompañado en escena por unha parella de baile. O conxunto chegará a Neda co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Lea también

Actualización sobre el abastecimiento de agua en el Concello de Neda

Veolia, empresa concesionaria del servicio municipal de abastecimiento, sigue trabajando en alternativas para aumentar el …