Ultímase a quinta edición do 3×3 Cedeira Basket

O prazo de inscrición está aberto ata o venres 17 e o campionato terá lugar do 23 ao 26 de xullo.

Ata o 17 de xullo está aberto o prazo de inscrición para a quinta edición do 3×3 Cedeira Basket, o campionato de triples e habilidades que se desenvolverá do 23 ao 26 de xullo organizado polo Cedeira Basket Club coa colaboración do Concello de Cedeira.

Haberá catro categorías: mini (con dúas subcategorías máis), infantil, sénior e veteranos, que competirán ao longo dos devanditos días na praza Floreal nas modalidades masculina, feminina e mixta.

Ademais da parte deportiva, o 3×3 Cedeira Basket contará con música en directo, o venres 24 con DJ Wizard, o sábado 25 cunha sesión vermú e verbena co grupo Pechabares e o domingo 26 con Los Limones amenizando a actuación do mediodía. O sábado e domingo organízase ademais un xantar de confraternidade, con churrasco o día 25 e paella o 26.

As personas que queiran participar poden enviar as súas solicitudes ao correo electrónico cedeirabasket@gmail.com.

Lea también

Tras dos días de parón la competición ha vuelto al Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2026

El empuje del oleaje de componente oeste de más de un metro de altura ha …