Xeoparque Cabo Ortegal estrea paneis informativos en puntos de interese xeolóxico e turístico

A sinalización constitúe unha experiencia inmersiva que achega o territorio ás persoas visitantes O proxecto conta coa financiación dos Fondos Next Generation EU e dos propios Concellos do territorio.

O territorio do Xeoparque Cabo Ortegal loce desde a pasada semana 36 novos paneis informativos que incrementan, substitúen e actualizan a sinalización existente. Os indicadores están colocados en lugares estratéxicos de relevancia turística facilmente ccesibles; ou dentro do percorrido das rutas, onde as persoas visitantes poderán descubrir máis sobre o patrimonio xeolóxico, histórico e cultural da zona.

A sinalización adáptase a cada lugar con 3 modelos de paneis diferentes completando unha experiencia inmersiva a través da que as persoas visitantes se achegan a coñecer o territorio. Os de tipo panorámico contan cun enfoque máis turístico e responden aos puntos de interese que poden localizarse desde a perspectiva na que están colocados.

Por outra banda, os atrís responden a información xeolóxica cunha linguaxe máis divulgativa, ilustracións e imaxes para facilitar a comprensión do patrimonio. E por último, os fitos, sinalizan un lugar e contan con códigos QR onde as persoas interesadas poderán ampliar o seu coñecemento sobre el durante a visita.

O xeólogo e Director Científico do xeoparque, Fran Canosa, foi a persoa encargada do deseño e a redacción dos contidos dos paneis, achegando a súa persepectiva e coñecemento científico para facer a información máis accesible para todos os públicos. No eido do deseño, desde o Xeoparque Cabo Ortegal contaron co asesoramento do ilustrador César Cuervo.

Os paneis financiaronse por medio dos Fondos NextGeneration EU a través do PSTD da Deputación da Coruña. A instalación dos paneis conta coa colaboración dos Concellos do territorio.

Fran Canosa sinalou que aínda que estamos a falar dun xeoparque de recente creación, contar cunha sinalización tan ampla é unha mostra máis do nivel da implicación do xeoparque coas persoas visitantes e coa interpretación ambiental dos lugares de interese.”

Lea también

Exponav acoge este miércoles en Ferrol la exposición «Eclipsarte. O camiño do Sol»

  El miércoles  8 de julio a las 19 horas se inaugura la exposición » …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *