Carlos Pena, Jorge Baleo, Jaime Fernández, Cristian López e Jesús López compartirán a súa particular visión dos temas de máxima actualidade. O directo terá lugar no auditorio municipal, de 17 a 19 horas.
Boreo, o afamado pódcast local, despedirá a cuarta temporada este sábado 12 ás 17 horas dende a Casa da Cultura de Valdoviño. Abandona momentaneamente o salón de Carlos Pena para abrirse máis que nunca aos seus fans, cunha edición en directo con público.
Aqueles que queiran asistir deben facerse coa súa respectiva entrada a través dos perfís en redes de Boreo. Os cinco mozos de Valdoviño -e Pantín- poñénse de novo fronte aos micros e as cámaras para abordar os temas de máis rabiosa actualidade dende o humor, cos seus peculiares sketch incluídos. E a partir deste sábado tomaranse o merecido descanso ata finais de setembro, cando regresen puntuais á súa cita os luns ás 19 horas nas canles de Youtube e Spotify.
Boreo son Carlos Pena, Jorge Baleo, Jaime Fernández, Cristian López e Jesús López, cinco amigos que un día, aló por 2020, decidiron compartir a súa visión da realidade, co seu punto cómico como selo de identidade, e un enfoque onde o local sempre está presente.
Tras cinco anos e preto de 400 vídeos, as visualizacións en Youtube e Spotify superan o medio millón. Contan con máis de 24.000 seguidores en Tik Tok, e preto dos 7.000 en IG, ademais dos máis de 2.500 suscriptores de Youtube e Spotify.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
