A exposición reúne sesenta imaxes divertidas da fauna salvaxe, reunidas a través de sete edicións dun concurso internacional.
O paseo da Mariña de Cedeira acollera partir do vindeiro martes 26 de maio e ata o 22 de xuño, unha exposición de rúa con 60 fotografías de natureza do concurso internacional The Comedy Wildlife Photography Awards. Son instantáneas que atrapan momentos divertidos de animais e cuxo obxetivo é espertar un sorriso e sensibilizar sobre a conservación. É unha mostra itinerante impulsada por Afundación, a obra social de Abanca.
O concurso internacional The Comedy Wildlife naceu no ano 2015 por iniciativa de dous experimentados fotógrafos de natureza, Paul Joynson Hicks e Tom Sullam.
A idea foi promover a conservación poñendo o foco no lado máis divertido da fauna salvaxe, en lugar de apelar a imaxes deprimentes ou catastróficas. A mostra que chega a Cedeira reúne as fotografías máis destacadas das edicións do concurso do ano 2015 a 2022.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

