A Fundación Rosalía presenta en Fene o número 10 da revista Follas Novas de Estudos Rosalianos

A Fundación Rosalía de Castro presenta este mércores 10 de xuño, ás 19 horas, na Casa da Cultura de Fene, o último número da revista Follas Novas de estudos rosalianos, que chega así ao número 10 con artigos variados sobre o universo rosaliano, desde a monumentalización do seu sepulcro, un estudo sobre a súa presenza en filmes, ou mesmo o imaxinario vampírico na súa obra, entre outros moitos.

No acto de presentación estarán presentes Sandra Permuy, alcaldesa do Concello de Fene que patrocina a publicación; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Pilar García Negro, do Consello de Redacción; e Diego Rodríguez, autor dun dos artigos.

O número 10 da revista de estudos rosalianos conta tamén con artigos chegados de universidades de fóra de Galicia, con autores como Nuria Godón (Florida Atlantic University) ou Aurora López e Andrés Pociña (Universidade de Granada), ou de investigadores independentes como Christian Switek, Diego Rodríguez ou Xurxo Martínez.

Alén disto tamén inclúe outros estudos e recensións asinados por Pilar García Negro, Felipe-Senén López, Lydia Fontoira, Margarita Viso ou o mesmo Anxo Angueira.

Lea también

El XI Chanfaina Lab cierra un fin de semana de rodajes con el ‘objetivo’ en los estrenos de febrero

Durante el fin de semana los cineastas recorrieron el territorio para rodar sus piezas, mientras los …