A II Xornada de Enfermaría 2026 reúne máis de 200 profesionais de toda Galicia no CHUF

Co lema “Os nosos profesionais, o noso futuro. 50 anos coidando e avanzando”, os organizadores fan confluír o lema do Día da Enfermaría cunha celebración especial, a do 50 aniversario do Hospital Arquitecto Marcide.

A Dirección de Enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol organiza a II Xornada de Enfermería 2026, que reúne a profesionais deste ámbito de toda Galicia co lema Os nosos profesionais, o noso futuro. 50 anos coidando o noso futuro, que combina o lema da Enfermaría co enfoque se lle imprime este ano especial do 50 aniversario do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Esta II Xornada comezará o vindeiro mércores 20 con cinco talleres específicos de cuestións clave enfermeiras relacionados prevención de úlceras e feridas, como vendaxe compresivo en úlceras ou catálogo de apósitos para cura en ambiente húmido; o manexo dos estomas; o adestramento en diagnóstico modular co sistema MESI, aparello que se emprega nos centros de saúde e que serve para facer espirometrías, electros, medicións de nocello-brazo, e constantes vitais básicas, como a tensión, a saturación de osíxeno ou a frecuencia cardíaca; ou o manexo de PICC catéter central de acceso periférico. Estas abordaxes prácticas desenvolveranse nos hospitais Naval e Marcide, e no centro de saúde de Narón.

O encontro continuará o xoves 21 de maio, en xornada de mañá e de tarde, no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, cun total de seis mesas que abordarán cuestións de interese para a profesión enfermeira. Comezará coa visión da Enfermaría xa xubilada sobre a evolución da profesión e as súas experiencias ó longo dos anos. Ademais, téñense presentado xa tamén 24 pósteres, dos que o comité científico elixirá os 8 mellores para o seu defensa mediante unha rolda de avaliación no marco do encontro.

Haberá tamén momentos para o ocio musical e para un percorrido pola historia Enfermería dende unha óptica moi peculiar, nostálxica e creativa, os recortables doutras épocas.

O acto inaugural será ás 11:30 do xoves 21 e contará coa presenza do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; a xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Fernanda López Crecente; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; o decano da Facultade de Enfermaría e Podoloxía de Ferrol, Pedro Gil Manso; e a directora de Enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol e presidenta do Comité Organizador, Isabel Turnes Cordeiro.

Este encontro de profesionais e categorías sanitarias dependentes da Dirección de Enfermaría, “concíbese como un evento para o avance e consolidación da Enfermaría da Área, dende a creación do Hospital”. E continúan dende a organización, “esta xornada representa unha oportunidade única para o intercambio de coñecementos, o debate sobre o acontecido neste percorrido de 50 anos, e mesturado co prácticas clínicas innovadoras no campo da saúde”. E rematan que busca fomentar a colaboración e o diálogo; e fortalecer a capacidade dos sistema ante os desafíos contemporáneos como a actualización profesional continua, o fortalecemento da multidisciplinarieade, o recoñecemento e valoración profesional e o fomento da investigación científica.

Lea también

Galicia se iluminó de rojo para conmemorar el Día Mundial del Donante de Sangre

Las localidades gallegas se iluminaron de rojo esta pasada noche para conmemorar el Día Mundial …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *