Pontedeume mercará os antigos almacéns do Parque Sarmiento. Construirase o novo Auditorio Municipal

Fot. concello

O Concello de Pontedeume anuncia que xa está pechado o acordo para mercar os antigos almacéns do parque
Sarmiento, de cara a demolelos e construír na súa parcela o novo Auditorio Municipal.

«Tras ter aprobado no pleno do pasado mes de abril habilitación de crédito, xa podemos anunciar por fin que temos pechado un acordo de compra para mercar este edificio» explica o alcalde Bernardo Fernández Piñeiro.

«A idea é demoler a edificación, reorganizar a parcela e iniciar a tramitación para a redacción do proxecto de construción do tan ansiado auditorio municipal», sinala o rexedor.

Fernández Piñeiro salientou ademais que deste xeito porase fin tamén a unha «edificación ruinosa, que ademais afea unha das principais entradas á vila».

Subliñou tamén que se trata dunha infraestrutura moi demandada «por todo o tecido cultural e asociativo» de Pontedeume.

Lea también

Cabanas refuerza su plantilla de Policía Local

El Concello de Cabanas incorpora nuevos auxiliares de policía local para reforzar el cuerpo durante …