Neda acolle un encontro de técnicos municipais para fomentar a accesibilidade na Rede cultural da Deputación

Neda convertiuse en sede do primeiro dos encontros de “Unha rede cultural accesible”, un programa de sensibilización, formación e asesoramento, que impulsa a Deputación da Coruña e o sector escénico, representado en Escena Galega, para ir avanzando, de forma progresiva, cara a accesibilidade na Rede Cultural, tendo en conta que a cultura é un dereito de todos.

Preto dunha vintena de técnicos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, aos que daba a benvida a concelleira de Cultura, Marián Bello, participaron na Casa da Cultura no primeiro dos encontros programados na provincia para avanzar neste eido. A sesión serviu para facilitar información de contexto sobre terminoloxía, empatía, trato con persoas con discapacidade, lexislación, así como para avaliar medidas e ferramentas de accesibilidade.

Ademais, na cita participaron persoas con discapacidade visual, auditiva e cognitiva, que transmitiron ao persoal dos concellos involucrado na xestión as súas necesidades reais para poder acceder ás actividades culturais.

A iniciativa busca pois dar pasos para adaptar as actividades da Rede Cultural (os espazos, a comunicación, os contidos e os produtos e servizos asociados) para garantir as condicións de accesibilidade universal a persoas con discapacidade física, sensorial e cognitiva, chegando a novos públicos.

As persoas que asistiron ao encontro poderán tomar parte tras o verán nos encontros formativos que se levarán a cabo para facilitar un coñecemento teórico e práctico das medidas e ferramentas de accesibilidade que se deberán implementar.

En paralelo, haberá unha convocatoria, dirixida a compañías profesionais de artes escénicas interesadas en solicitar un asesoramento individualizado que lles axude a incorporar medidas de accesibilidade aos seus proxectos escénicos. E como complemento, elaborarase un documento-guía de accesibilidade con recursos e recomendacións, que estará dispoñible tanto para os concellos e compañías

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …