Apelón Educación conmemora en Mugardos o domingo 17 de maio o Día das Letras Galegas

Apelón Educación conmemora en Mugardos o vindeiro domingo 17 de maio o Día das Letras Galegas cunha programación completa de actividades abertas á veciñanza, dedicadas este ano á escritora Begoña Caamaño.
 
A xornada desenvolverase ao longo do día no Ratón, sempre que o tempo o permita —en caso de choiva, trasladarase baixo a carpa do Club do Mar—, e combinará propostas culturais, musicais e lúdicas pensadas para todas as idades.
 
A programación comezará ás 11:30 horas cun obradoiro de baile galego, aberto a nenos e maiores, no que as persoas participantes poderán achegarse á música e tradición do país dun xeito dinámico e participativo.
 
Ás 13:00 horas terá lugar unha lectura pública da obra de Begoña Caamaño, organizada en colaboración coa libraría As Lendas do Gato, acompañada do reparto de globos e marcapáxinas para os máis pequenos.
 
Media hora máis tarde, ás 13:30 horas, será a quenda da música co concerto de As Pías, que ofrecerán unha actuación para todos os públicos dentro do ambiente festivo da xornada.
 
A celebración continuará ás 15:00 horas co tradicional xantar de irmandade no Club do Mar, reservado para persoas asociadas, e rematará pola tarde, ás 17:30 horas, con xogos populares, fomentando a participación e o encontro entre xeracións.
 
Con esta programación, Apelón Educación aposta por unha celebración das Letras Galegas que vai máis alá do acto puntual, convertendo a cultura nun espazo compartido, vivo e aberto á participación de toda a comunidade.
 

Lea también

Herido un camionero tras caer su vehículo por un terraplén de unos 30 metros en Cabanas (A Coruña)

Un camionero ha resultado herido en la mañana de este jueves tras caer el vehículo …