Arrinca no CPI Atios, Valdoviño, o programa “Redes”

O seu obxectivo é fomentar decisións saudables na contorna dixital.

Fuente Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da concellería de Servizos Sociais e Xuventude, activaba esta semana nas aulas do CPI Atios o programa “Redes”.

O obxectivo é que a mocidade aprenda a previr o uso prexudicial das pantallas e tome decisións saudables no mundo dixital. Para iso, traballaranse co alumnado de Primaria e Secundaria temas clave como: ciberacoso, sexting e grooming; o impacto dos videoxogos e a pornografía en liña; a protección de datos persoais e avatares ocultos, ou a xestión do tempo de uso…

Así mesmo, este programa compleméntase con “Medrando entre pantallas”, que arrincaba a semana pasada dirixido ás familias. Neste caso, unha iniciativa financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, coa colaboración da ANPA Beiramar.

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …