Encrucillada ponlle música ao Día das Letras Galegas en Valdoviño cun concerto en Vilaboa

A formación folc actuará este domingo 17 de maio, ás 20:00 horas dentro da programación cultural do Concello.

No marco da programación deseñada para celebrar o Día das Letras Galegas 2026, o Concello de Valdoviño aposta pola música de raíz, e programa para este domingo, 17 de maio, o concerto de Encrucillada. Será a partir das 20:00 horas, na contorna da área recreativa das Forcadas.

A agrupación regresa ao municipio no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e faino nun momento moi especial, cando se cumpren 10 anos de traxectoria. Así, neste concerto, Encrucillada revisará temas interpretados ao longo deste tempo, recollidos en dous discos («Marbán»-2018- e !De Volta!» -2024-) e outras gravacións.

Ofrecerán un directo vivo e participativo onde percusións, gaitas, acordeón e saxo, entreoutros instrumentos, acompañarán ás voces de Elena Díaz e Xoán Padín, imprimindo un estilo do máis persoal a pezas de música galega populares e tradicionais.

En caso de choiva, o concerto trasladaríase ao centro cultural Rosalía de Vilaboa.

Lea también

El teatro Jofre de Ferrol estrena la obra teatral «Crónica del rey pasmado»

La obra teatral Crónica del rey pasmado, basada en la novela de Gonzalo Torrente Ballester …