
A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza Maios das Letras. Os actos celébranse o vindeiro domingo 17 de maio cunha xornada na que se realizarán diferentes actos entorno a esta data. A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e estará composta por varios actos:
A partir das 12:30 horas desenvolverase a elaboración da figura tradicional do Maio de Sedes, que será aberta a todas as persoas que queiran participar.
A partir das 13:00 horas, terá lugar a presentación do libro “Memorias de un Porco Teixo” a cargo do seu autor o xornalista de Cabreiros (Xermade) Xosé Manuel Felpeto Carballeira. Memorias dun Porco Teixo consta de 19 relatos sobre situacións que calquera lector pode recoñecer como propias.
As 13:30 horas será a quenda da música, da man do grupo de Cantos de Taberna de Sedes, da asociación Vai Rañala Meu!, que abrirán a sesión vermú deleitando ao público asistente con pezas populares e moi recoñecidas do repertorio tradicional galego.
Entorno ás 14:30 horas realizarase un xantar popular cunha paellada para todas as persoas asistentes a un prezo de 10 €. con viño ou auga. A partir das 15:30 horas volve a música, desta volta da man do grupo Meninos do Pandeiro, que chegan dende Lalín cun estilo tradicional e festeiro creado para o baile.
Dende a Asociación Cultural Vai Rañala Meu!, queren animar a todas as persoas que o desexen a participar neste xornada de conmemoración das nosas letras. A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.