Arranque en Valdoviño do programa «Medrando entre pantallas»

Promover un uso responsable e seguro de Internet por parte dos fillos menores é o principal obxectivo do programa «Medrando entre pantallas» que organiza o Concello de Valdoviño.

Esta semana celebrábase o primeiro obradoiro no auditorio da casa da cultura, e a concelleira de Servizos Sociais, Tamara Sabín, agradecía moi especialmente a asistencia das máis de dez familias que tomaron parte na iniciativa.

O taller estivo guiado por unha psicóloga especializada en clínica infantoxuvenil que incidiu nesta sesión en aspectos como o impacto das tecnoloxías no desenvolvemento e na saúde emocional e física; o autocontrol e responsabilidade no uso dos dispositivos dixitais ou pautas de desconexión e equilibrio emocional.

Así mesmo, o Concello puxo a disposición das familias un servizo de conciliación para facilitar a asistencia.

O próxima sesión celebrarase o 21 de maio, con inscrición previa nos Servizos Sociais: presencialmente na planta baixa da casa consistorial; no teléfono 981 48 70 41 extensión 5 ou email servizos.sociais@concellodevaldovino.com

Lea también

O Concello de Fene apoia as reivindicacións da ANPA do IES de Fene reclamando melloras nas instalacións do centro

O goberno local súmase ás denuncias sobre o deterioro do instituto e reclama actuacións por …