Preto de 250 veciños participarán en Lago no xantar da Xuntanza de Asociacións de Valdoviño

O programa da cita, aberto á cidadanía, inclúe tamén actuacións musicais, de baile, maxia e máis teatro co grupo do centro cultural Rosalía.

Valdoviño celebra este sábado 9 a Xuntanza de Asociacións. A pista de Lago acolle este ano a cita que organiza o movemento asociativo local co apoio do Concello e máis a colaboración das cooperativas de Lago, Meirás e Vilaboa.

Neste 2026, o prato forte do encontro volverá ser o xantar popular, no que tomarán parte preto de 250 veciños, que adquiriron os seus tickets no prazo aberto pola organización. Pero o programa incluirá moitas máis actividades, xa sen reserva.

Así, a xuntanza arrincará ás 12:45 horas coa actuación do grupo de baile e de gaitas Álvaro Cunqueiro. De seguido, ás 13:30 horas, dará comezo a sesión vermú, amenizada pola solista Nuria Boreal. O xantar principiará ás 14:30 horas, e xa á tarde, varias propostas culturais. A primeira cita terá lugar ás 17:00 horas: un espectáculo de maxia co ilusionista Joshua Kenneth.

Un dos mellores magos do territorio nacional, participaba da programación cultural local ofrecendo hai uns meses un espectáculo en San Bartolo que deixaba moi boas impresións. E xa ás 19:00 horas, teatro co grupo do Centro Cultural Rosalía, que trae a súa exitosa función «Que che vaia ben meu canciño do palleiro», unha obra que arrasa alí por onde vai.

Na recta final do encontro, a intérprete Nuria Boreal regresará ao escenario, e sobre as 21:00 horas, están previstas diferentes actuacións musicais, ademais da celebración dunha gran tómbola de agasallos.

Lea también

Publicadas las bases para los puestos de restauración del Festival de Ortigueira

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regulan los puestos …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *