O novas datas precisaron dalgún pequeño cambio no programa.
Tendo en conta as numerosas choivas previstas para a fin de semana, a organización do Festival veuse na obriga de aprazalo aos días 29 e 30 de maio.
Como consecuencia, o programa precisou de dous pequenos cambios. Así, a visita guiada de balde e a Sesión de Noite Ilustrada, previstas para o sábado, pasan ao venres 29 de maio.
A pesar desta alteración, as persoas xa incritas, non deberán realizar ningún trámite adicional. As reservas pasarán directamente ás novas datas. Ademáis, o prazo sigue aberto para apuntarse á visita guiada ao Ferrol da Ilustración do venres 29 ás 18 horas, con saída da oficina de Turismo situada no Peirao de Curixeiras. Neste caso, é preciso enviar o nome completo de cada participante por mensaxe de Whastapp escrita ao 643 478 499. Prazas limitadas.
Así mesmo, ao longo do sábado 30 de maio, profesionais da Escola Aberta de Arte de Ferrol, dirixida por Carmen Martín, estará a facer retratos ilustrados en acuarela. As persoas non caracterizadas contarán con elementos ilustrados á súa disposición.
Para reservar, é preciso enviar unha mensaxe escrita indicando o nome completo e o horario preferido (de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30) ao Whatsapp 657 033 782. En canto ao espazo de aluguer de vestimenta, situado na sede da Asociación de Veciños da Madalena (Galliano esquina Lugo), volverá a estar aberto do 22 ao 28 de maio, en horario de luns a sábado de 11:30 a 13:30 hrs., e seguirá a ofrecer múltiples opcións desde 20 euros polas dúas xornadas.
Para máis información e coñecer o programa completo, é importante seguir as redesdo Festival @festivalilustradoferrol. Un Festival único e aberto á participación dos ferroláns e as ferrolás, mais tamén aos turistas e visitantes da cidade.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
