A Deputación apoia con 242.000 euros as actividades de 84 ANPAS de colexios e institutos públicos

O Boletín Oficial da Provincia publica a concesión definitiva do programa de subvencións para asociacións de nais e pais (ANPAS) de centros educativos públicos da provincia. Cun investimento de 242.337 euros, o apoio chegará a 84 entidades para a realización de actividades durante o 2026.

Trátase dun proxecto pioneiro da Deputación, pois, por primeira vez, a institución provincial executa unha convocatoria de axudas dirixidas especificamente ás ANPAS, recoñecendo deste xeito o seu papel básico no funcionamento diario de colexios e institutos. O obxectivo destas subvencións é aliviar a carga económica das familias e garantir que o alumnado teña un acceso a unha oferta de actividades ampla e de calidade, independentemente da súa situación económica ou do concello no que vivan.

O abano de proxectos que reciben financiamento é extenso, segundo explicou o presidente, Valentín González Formoso. “As axudas permitirán sufragar programas de conciliación familiar, como os servizos de almorzos e madrugadores; actividades extraescolares como o reforzo de técnicas de estudo, música, teatro ou educación ambiental; así como proxectos de convivencia escolar, prevención do acoso e fomento da igualdade e diversidade nas aulas dos centros públicos”, afirmou.

Formoso resaltou que “con este programa abrimos unha porta que as familias levaban tempo reclamando. É a primeira vez que a Deputación dedica unha liña de axudas específica para que as ANPAS poidan desenvolver a súa actividade e parece de xustiza que, ao igual que facemos con milleiros de entidades culturais, deportivas e sociais desta provincia, esteamos tamén ao carón das ANPAS, que son unha parte esencial da comunidade educativa”.

“A convocatoria foi un éxito rotundo”, afirmou a deputada da área de Educación e Mocidade, Yoya Neira, baseándose nas 84 entidades beneficiarias, e poñendo en valor que “as axudas servirán para apoiar actividades de lecer; pero tamén servizos básicos como comedores no rural, fomento o deporte ou axudar aos nosos nenos e nenas a medrar en valores de igualdade e respecto á diversidade”. A deputada incidiu en que “apoiando a todas estas entidades fortalecemos a calidade do ensino público, ao mesmo tempo que damos un respiro á economía das familias”.

A continuación, detállase o listado completo das 84 ANPAS beneficiarias, os proxectos subvencionados e as contías asignadas:

  1. AFA Barouta Asociación de Nais e Pais de Alumnado no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Barouta – Promover a convivencia da poboación escolar fóra do ámbito puramente académico – 1.500,00 €
  2. A.N.P.A. Brigantium CEIP Vales Villamarín – Programa deportivo “Madrugo e aprendo con Breogán” – 3.450,00 €
  3. A.N.P.A. A Santaia do CPI Fonte Díaz – “Música Maestro”: proxecto que pretende fomentar a música nas distintas áreas do coñecemento – 2.080,00 €
  4. A.N.P.A. Barcalesa do IES Xulián Magariños de Negreira – Axuda destinada para actividades e cursos complementarios para toda a comunidade educativa – 1.500,00 €
  5. A.N.P.A. CEIP Mosteiro Caaveiro – Sufragar o custo da extraescolar de música tradicional: pandeireta e baile galego no 2026 – 1.500,00 €
  6. A.N.P.A. Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa Ares – Servizo de almorzos do AMPA Ramón Pimentel do CPI As Mirandas – 3.450,00 €
  7. A.P.A. “Zalaeta-Campo da Leña” – Roteiros culturais e obra de teatro – 1.500,00 €
  8. A.P.A. A Boca do C.P. de E.G.B. de Vedra – Actividades de conciliación, socialización e acompañamento nas distintas etapas educativas – 2.105,60 €
  9. A.P.A. Adina C.P. Mesón do Vento – Actividades e gastos da asociación de pais e nais de alumnos do CEIP Mesón do Vento – 1.500,00 €
  10. A.P.A. Ana Lastra López CPI Vicente Otero Valcárcel Carral – Subvención actividades extraescolares e saídas didácticas en autobús – 1.924,00 €
  11. A.P.A. Apaluxa C.P. Integrado de Xanceda – Técnicas de estudo e axentes de bo trato – 1.500,00 €
  12. A.P.A. Armando Cotarelo Valledor do C.P. Integrado de Boimorto – Proxecto integral con reforzo académico, actividades deportivas, culturais e sociais – 3.760,00 €
  13. A.P.A. Brixeo I.E.S. Moncho Valcarce As Pontes – Programa 2026 da ANPA Brixeo do IES Moncho Valcarce – 1.500,00 €
  14. A.P.A. C. Isaac Peral y Antonio Escaño Ferrol – Actividades de enriquecemento cultural e de fomento de tradicións – 1.500,00 €
  15. A.P.A. C. Rural Agrupado de Teo – Presentación de subvención para a realización de actividades no ano 2026 – 4.450,00 €
  16. A.P.A. C.N. Comarcal de Curtis-Estación – Concesión de axudas económicas orientadas á promoción de actividades educativas – 1.500,00 €
  17. A.P.A. C.N. EGB Ramón Cabanillas Castiñeiriño – Programas de lecer, formativas e educativas para promover a convivencia – 1.500,00 €
  18. A.P.A. C.N. Virgen Cela-El Xestal-Monfero – Realización de actividades do ANPA no 2026 – 3.450,00 €
  19. A.P.A. C.N.C.M. E.G.B. de Porto do Son – Actividades extraescolares e eventos lúdico-educativos para favorecer a conciliación – 1.500,00 €
  20. A.P.A. C.P. A Picota Barcoma – Enriquecer a formación da comunidade educativa e mellora do rendemento – 1.500,00 €
  21. A.P.A. C.P. Cabaleiros – Subvencións para actividades realizadas pola ANPA e adquisición de material – 3.450,00 €
  22. A.P.A. C.P. Carcabelos de El Burgo-Culleredo – Solicitude subvención gastos ANPA Carcabelos CEIP Isaac Díaz Pardo – 3.450,00 €
  23. A.P.A. C.P. CPRA de Narón – Execución do plan de actividades 2026: programación cultural e deportiva – 3.360,00 €
  24. A.P.A. C.P. EGB de Cariño A Basteira – Actividades culturais, deportivas, formativas, de convivencia e lecer – 1.880,00 €
  25. A.P.A. C.P. Esteiro – Actividades para fomentar o vínculo entre a vida académica e a familiar – 1.500,00 €
  26. A.P.A. C.P. Lamas de Abade – Gastos do programa anual 2026: extraescolares, conciliación e saídas culturais – 5.200,00 €
  27. A.P.A. Castelao CEIP Alfonso D. Rodríguez Ordes – Actividades de conciliación para o alumnado – 5.200,00 €
  28. A.P.A. Castro Baxoi (Piñeiro) – Castro Baxoi socio-cultural 2026 – 5.690,89 €
  29. A.P.A. Colegio Estatal de Maciñeira-Neda – Solicitude para a realización de actividades no ano 2026 – 3.450,00 €
  30. A.P.A. Cruceiro CEIP Cruceiro de Canido – Actividades a desenvolver pola asociación de nais e pais Cruceiro de Canido – 1.500,00 €
  31. A.P.A. De Al. A Froula del CEIP de Teixeiro – “Tribo miúda, criando en rede”: benestar físico, emocional e cultura local – 2.553,60 €
  32. A.P.A. De Coira-Portosín – Actividades extraescolares e eventos lúdico-educativos para a conciliación – 1.500,00 €
  33. A.P.A. Do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Présaras-Vilasantar – Programa Concilia e aprende Présaras – 3.450,00 €
  34. A.P.A. Faro C.P. Víctor López Seoane de A Coruña – Medrando xunt@s: formación para familias e actividades educativas – 2.218,40 €
  35. A.P.A. Fonte da Revolta C.P. de Asados – A nosa terra, a nosa xente: proxecto educativo en comunidade – 3.450,00 €
  36. A.P.A. Medoñas del C.P. EXB. A Fraga – Actividades promovidas pola ANPA As Medoñas do CEIP A Fraga – 1.833,00 €
  37. A.P.A. O Badal Colegio Público de Toques – Obradoiros, escola de pais e nais e viaxes didácticas – 2.481,60 €
  38. A.P.A. O Forte do C.P.I. Antonio Orza Couto – Festa de fin de curso, calendario solidario, concurso de Nadal e fútbol gaélico – 1.500,00 €
  39. A.P.A. O Futuro CEIP Campomaior – Actividades para facer comunidade e concienciar sobre o medio ambiente – 3.500,56 €
  40. A.P.A. Ponte Romana C.P. Sta. María As Pontes – Programa de extraescolares e conciliación 2026 – 5.200,00 €
  41. A.P.A. Riazor del IES Eusebio da Guarda Coruña – Obradoiros: motivación, técnicas de estudo e xestión emocional – 1.500,00 €
  42. A.P.A. Río Tella C. EXB Ramallosa-Teo – Proxecto de convivencia e prevención do bullying dirixido a primaria – 1.500,00 €
  43. A.P.A. Rosalía Castro Esc. I. Os Ánxeles-Brión – Favorecer a educación integral e fortalecer a colaboración escola e familias – 3.450,00 €
  44. A.P.A. Rosalía de Castro C.P. Tarrío-Culleredo – Solicitude para a realización de actividades no ano 2026 – 5.700,00 €
  45. A.P.A. Salvador de Madariaga Uno – Configurar un programa de actividades completo para o curso 2025/2026 – 3.628,40 €
  46. A.P.A. San Vicente C.P. de Vimianzo – Organizar actividades coas crianzas para a conciliación das familias – 1.500,00 €
  47. A.P.A. Uxío CEIP Eugenio López Cee – Educación integral, inclusiva e adaptada aos retos tecnolóxicos actuais – 3.450,00 €
  48. A.P.A. Vilaboa CEIP Sofía Casanova – Fomento das actividades deportivas, educativas e conciliación – 3.380,00 €
  49. A.P.A. Xanela del CEIP María Pita – Facilitar a conciliación familiar e laboral e garantir o acceso igualitario á cultura – 5.700,00 €
  50. A.P.A. y Amigos C.P. de Baio – Zas – Labarteando coa cultura – 2.728,32 €
  51. AA.PP.AA. Xallas C.P. Barrié de la Maza – Promover programas de conciliación, eventos e actividades extraescolares – 6.700,00 €
  52. ANPA O Cruce do Colegio Público Infantil O Cruce de Cerceda – Obradoiro psicoeducativo inclusivo e actividades culturais – 1.500,00 €
  53. ANPA Alén do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión – Programa de actividades da ANPA Alén – 5.200,00 €
  54. ANPA Camiño de Santiago do CEIP Monte dos Postes de Santiago – Realización de actividades durante o ano 2026 – 2.548,17 €
  55. ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira – Actividades de educación emocional, taichi, teatro e filme – 1.500,00 €
  56. ANPA CRA Culleredo Cepelín – Servizo de mañanceiros – 1.628,00 €
  57. ANPA Fontela – Programa de educación medioambiental e prevención do acoso escolar – 1.588,60 €
  58. ANPA Nebra – Actividades extraescolares e eventos lúdico-educativos para a conciliación – 1.500,00 €
  59. ANPA O Areal da E.E.I. Fernández Varela – As pegadas do noso – 2.263,97 €
  60. ANPA O Forte do CEIP Nº1 de Melide – Programa de actividades extraescolares e conciliación familiar – 4.450,00 €
  61. ANPA Outo Eume – Actividades promovidas pola ANPA Outo Eume-2026 – 3.450,00 €
  62. APA Agarimo – Axudar a financiar as actividades deportivas, de ocio e culturais no CEIP María Barbeito – 2.481,60 €
  63. APA Bandaseca – Fomentar a cultura e a conciliación en Bandaseca – 1.500,00 €
  64. Asoc. de Nais e Pais de Alumnos Lavandeira do CEIP Vila de Rutis – Desenvolvemento de actividades por parte da ANPA – 5.200,00 €
  65. Asoc. Padres Coleg. Publ. Puente de Jubia Narón – Programa de actividades no ano 2026 – 1.500,00 €
  66. Asoc. Pedrouco de Pais e Nais de Alumnos CEIP de Visantoña – Cultura e deporte – 1.500,00 €
  67. Asociación ANPA do IES Maximino Romero Lema – Promover a realización de actividades extraescolares en Baio – 1.500,00 €
  68. Asociación ANPA Val Barcala CEIP O Coto-Negreira – Actividades de bo trato escolar, igualdade, diversidade e xestión emocional – 2.141,26 €
  69. Asociación de Familias de Alumnos e Alumnas “As Escoliñas do CRA de Bergondo” – Programa integral de conciliación: comedor con transporte e extraescolares – 4.450,00 €
  70. Asociación de Familias do Alumnado Loureda do CEIP Santa María do Castro – Servizo de madrugadores 2026 – 1.500,00 €
  71. Asociación de Nais e Pais Celso Emilio Ferreiro – Actividades culturais no rural, conciliación familiar e formación – 1.500,00 €
  72. Asociación de Nais e Pais de Alumnos Carboeiro – Actividades extraescolares e saída didáctica – 2.520,00 €
  73. Asociación de Nais e Pais de Alumnos Escola de Lago no C.R.A. O Esquío de Valdoviño – Actividade “Conta Contos” para a lectura e transmisión de legado cultural – 1.500,00 €
  74. Asociación de Nais e Pais de Alumnos Mosteirón – Programa integral: transporte para excursións e material educativo – 4.836,00 €
  75. Asociación de Nais e Pais de Alumnos San Simón – Convocatoria do programa «Ilumínate, brila con luz propia» – 2.275,52 €
  76. Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as Andaravia – Proxecto de mellora de convivencia no CEIP de Pedrouzos (Brión) – 5.200,00 €
  77. Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do Centro Educativo de Infantil e Primaria de Palmeira – Aprendemos e convivimos na escola – 5.005,00 €
  78. Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as O Areal do CEIP O Areal de Camariñas – Impulso educativo e valores: STEAM, igualdade e convivencia – 5.200,00 €
  79. Asociación de Pais de Alumnos Cerne de Galicia CEIP Martagona de Melide – Actividades extraescolares, xornadas de convivencia e viaxes culturais – 3.450,00 €
  80. Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as A Tarandeira do CRA de Coristanco-Santa Comba – Realización de actividades no ano 2026 – 5.200,00 €
  81. Asociación de Pais, Nais e Titores de Alumnos/as do Colexio Público Raíña Fabiola Sarela – Programa de actividades socioculturais, formativas e culturais – 5.200,00 €
  82. Asociación Padres Alumnos Cadreche del CEIP Pilar Maestu Sierra – Creando Talentos: programa para o desenvolvemento integral do alumnado – 5.200,00 €
  83. Asociación Padres Alumnos Santa Uxía del CEIP O Grupo – Proxecto cultural e comunitario ANPA Santa Uxía Ribeira 2026 – 2.074,80 €
  84. Asociación Trastamara P.Y A. C.P. EGB Entrepuentes Portomouro – 50 anos de vida escolar: mural colaborativo co alumnado – 1.500,00 €

Lea también

La Xunta denuncia la «lista de agravios» del Gobierno en transporte, como el rechazo al cambio del ancho de vía

Defiende que el transporte escolar funciona con «normalidad» en un pleno en el que la …