Catro madres nonaxenarias, homenaxeadas polo Concello de Neda no seu III Festival Día da nai

Un ano máis, o Concello de Neda rendía tributo ás nais veteranas do municipio. Catro veciñas de entre 91 e 93 anos, convertíanse en protagonistas desta sentida homenaxe institucional, recibindo o aplauso e cariño do público asistente, entre o que non faltaban familiares e amizades.

Consuelo Rodríguez Sardiña, Montserrat Seco Castro, Rosa Allegue Porto, durante décadas á fronte de La flor de mayo, e María Fojo Torres, nacidas nos anos 1933 e 1934, nais todas de catro fillos, avoas e, nalgúns casos bisavoas, convertéronse en protagonistas da velada, na que non faltaron nin a emoción, nin a música, nin a poesía.

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, e as concelleiras de Cultura, Igualdade, e Sanidade, respectivamente, facían entrega durante o evento, que encheu a Casa da Cultura, dun detalle institucional e un ramo de flores ás catro homenaxeadas que, como apuntaba a presentadora da velada, Cristina Martínez, bota a vista atrás co orgullo de ter dado o mellor de si para sacar adiante ás súas familias.

Na segunda parte do festival, chegou o agasallo en forma de cancións. A rondalla Lucero del Alba, interpretou temas como “Meu amor é mariñeiro”, “Marabilla natural”, obra de Manuel Castro, integrante da agrupación, e “Mujer” e Los Nostálgicos fixeron as delicias do público con versións, entre outras, do “Quen poidera namorala” de Luis Emilio Batallán, e do bolero “Si tú me dices ven”.

Lea también

20 alumnos participan en Ortigueira no obradoiro dual de emprego «Terras do Ortegal III»

Trátase dunha iniciativa promovida polos concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón e financiada cunha …