Sale a contratación a mellora do firme en rúas e camiños de Lago, Meirás, Sequeiro e Valdoviño por 236.513,97€

As empresas poden presentar oferta ata o 14 de maio.

O Concello de Valdoviño investirá 236.513,97 euros no acondicionamento de dez rúas e camiños nas parroquias de Valdoviño, Lago, Sequeiro e Meirás con cargo ao POS Complementario.

O concelleiro de Infraestruturas Viarias, Germán Gómez, informaba que as intervencións están en licitación, e que as empresas poden presentar a súa oferta ata o 14 de maio, e consultar os pregos e documentación na plataforma de contratación do sector público.

Máis polo miúdo, o edil detallaba as actuacións, que se levarán a cabo nos seguintes puntos:

Rúa Couce Casas: actuarase en dous treitos, dende a rotonda sita na estrada provincial de baixada á praia da Frouxeira ata a igrexa do Carmen, e dende o cruce do Carballal ata o número 41.

Rúa Pintor José Leyra Domínguez: dende o cruce do paseo da lagoa ata a rúa Praia Frouxeira.

Rúa Imeldo Corral: nun treito pendente de intervención dende o cruce coa rúa Carrilanas ata a estrada da Deputación.

Vial en Pazos: dende o cruce coa estrada de Aviño ata a estrada AC-566.

Vial en Lago: dende o número 7 (á altura da AC116) ata o cruce con Viansil.

Vial en A Bedoxa: dende o no 31 ata o límite co municipio de Narón (ata camiño das Paxariñas).

Vial no Seixidal: dous tramos, sendo o primeiro dende o cruce coa estrada de Deputación (km2) ata o límite co Val (Narón), e o segundo, dende a mesma estrada km 2,5 ata o límite co Val (Narón) á altura do no 24.

Vial en Catrillón: dous tramos o primeiro dende a ponte sobre o río San Vicente ata a estrada AC116, e o segundo, de Barral 15 ata a AC116.

Vial en Montefaro: dende o local social ata o número 73.

Vial en Lavacerido: dous tramos, dende o no4 ata o acceso ás antigas minas de arsénico, e dende o no145 ata o no162.

Lea también

Meirás se prepara para acoger uno de los eventos del verano con Meirasland 2026

Meirás, en Valdoviño,  se prepara para acoger uno de los eventos del verano con Meirasland …