Clausura en Valdoviño do curso de Benestar Emocional impartido por Regaps 

Quince veciños completaban o curso de Benestar Emocional que, ao longo das últimas oito semanas, levou a cabo a Rede Galega de Promoción da Saúde Regaps en Valdoviño co apoio do Concello.

A sesión de clausura, contou coa asistencia do alcalde, Alberto González, e do concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, que poñían en valor este tipo de iniciativas e a boa acollida que teñen no municipio. De aí que garantizasen a continuidade da relación de colaboración entre a Regaps e o Concello para activar novas accións no calendario a medio prazo.

Tras unha primeira formación dirixida á adopción de hábitos de vida saudables, nesta ocasión a experiencia centrouse no benestar emocional, con dinámicas para coidar mente e emocións, ademais de pautas para xestionar os factores estresantes do cotiá.

Lea también

Fuentes (Indra) prevé que el 80% de los trabajadores de la fábrica de As Pontes sean de la comarca

El director de fabricación y cadena de suministro de Indra, José Manuel Fuentes, ha avanzado …