Fene acolle o espectáculo Santalices. O legado

Santalices. O legado, o espectáculo que está a romper todos os tópicos da música tradicional galega, chega ao Concello de Fene.

A SCRD Agarimo de Sillobre acolle este domingo, 3 de maio, ás 18.30 horas, o espectáculo Santalices, o legado, protagonizado por Verónica Santalices e dirixido por Federico Welicki. Trátase dunha montaxe, incluída na campaña FalaRedes da Xunta de Galicia, coa que se pretende render homenaxe á figura de Faustino Santalices Pérez, o máis importante investigador e construtor de instrumentos tradicionais da primeira metade do século XX. Un home que xogou un papel decisivo na preservación da zanfona e na música popular galega.

Tras o seu paso por distintas localidades, onde está a conseguir un gran éxito de público e crítica, Santalices, o legado “consolídase como unha das grandes sorpresas culturais do momento: un espectáculo que desmonta expectativas e que está a conquistar tamén a quen pensaba atopar algo máis convencional” demostrando que a música tradicional pode ser vibrante como calquera proposta escénica actual.

A cita en Agarimo terá ademais, un carácter especial e único, pois contará coa participación de Airiños de Fene, entidade cultural cunha longa traxectoria na dinamización da música e o baile tradicional de Fene e comarca. Esta colaboración reforza o carácter participativo do espectáculo, convertendo a función nun evento compartido coa comunidade.

Lea también

La ASCM trae a Aviño, Valdoviño, su producción: “Disparatada Educación”

La función se celebra este sábado 23 de mayo a las 18:00 horas. El grupo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *