Alumnado do CPR Santiago Apóstol de Narón visitou o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)

Alumnado do CPR Santiago Apóstol de Narón visitou, este venres 24 abril, da man da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, promovida pola Universidade da Coruña (UDC) xunto coa Mancomunidade e adscrita á
Facultade de Ciencias do Traballo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol.

Ao longo da mañá, a cativada puido coñecer de primeira man o Laboratorio de Enxeñaría Mecánica, o de Mecánica de Fluídos, o de Polímeros, así como a Canle de Ensaios Hidrodinámicos.

Esta visita é o premio que obtiveron os alumnos e alumnas de 5º de primaria do CPR Santiago Apóstol logo de acadar o terceiro posto clasificatorio nas VII Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria que tiveron lugar, o pasado 25 de marzo, no Pazo da Cultura de Narón.

Lea también

A cultura viaxeira toma Narón no VI Gulliver Fest coa presenza de Rosa María Calaf e Pablo Strubell

O festival reunirá do 6 ao 9 de agosto en Pedroso charlas, música e obradoiros …