Narón abre o prazo de inscrición en dous cursos de carretillas e plataformas elevadoras

O Concello de Narón abre este próximo luns, 27 de abril, o prazo de inscrición para participar en dúas edicións do curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP (con certificación UNE), unha acción formativa orientada á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas.

Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara

A formación, cun total de 50 horas, combinará contidos técnicos e módulos transversais. En concreto, inclúe formación como operador/a de carretilla elevadora (UNE 58451, 20 horas) e operador/a de plataformas elevadoras
móbiles de persoal (PEMP, UNE 58923, 15 horas), ademais de módulos de orientación laboral, igualdade de oportunidades, prevención de riscos laborais e medio ambiente no sector naval, así como dúas charlas e visitas complementarias.

As clases desenvolveranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. A primeira edición celebrarase do 11 ao 26 de maio, mentres que a segunda terá lugar do 27 de maio ao 10 de xuño. Cada edición contará con 10 prazas. O Concello reserva un 20% para derivación do Servizo Sociocomunitario, que pasarán ao cupo xeral no caso de non cubrirse.

Poderán inscribirse persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón. No caso de quedar prazas vacantes, poderán acceder persoas doutros concellos, seguindo a orde de inscrición. Entre outros requisitos, non poderán estar matriculadas noutros cursos municipais coincidentes nin ter realizado previamente esta mesma formación con avaliación positiva.

O Concello recomenda, para un mellor aproveitamento do curso, dispoñer de carné de conducir e non padecer vertixe ou problemas coronarios.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de maio ás 13:30 horas. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón, na sede electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente.

A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Publicarase unha listaxe provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas na sede electrónica, abríndose un prazo de reclamacións de 24 horas.

O alumnado será informado telefónicamente e deberá achegar, antes do inicio do curso, a tarxeta actualizada de demandante de emprego. O día de comezo da formación deberá identificarse co DNI ou NIE.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a web municipal ou contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 e 1109).

 

Lea también

Club Arco Narón obtiene muy buenos resultados en la II jornada de la Liga Galega de aire libre

Este pasado fin de semana se celebró en Redondela la 2ª jornada de la Liga …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *