O parque da Fraga en As Pontes, escenario da XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé

O Concello das Pontes celebra o vindeiro sábado 21 de marzo a XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé, unha das citas deportivas máis tradicionais do municipio, que cada ano reúne a numerosos atletas e persoas afeccionadas ao running.

Fuente Concello de As Pontes foto arquivo Saída Carreira San Xosé 2025

A proba, de carácter non federado, desenvolverase no entorno do Parque da Fraga, onde estarán situadas tanto a liña de saída como a meta. A carreira absoluta contará cun percorrido aproximado de 6.400 metros, nun circuíto mixto de asfalto e terra, que estará debidamente sinalizado e pechado ao tráfico para garantir a seguridade das persoas participantes.

A xornada deportiva comezará ás 16:30 horas coas carreiras das categorías base, que se irán sucedendo de maneira consecutiva ata rematar coa saída da categoría absoluta. A competición contará con categorías adaptadas ás diferentes idades, desde a categoría Biberón, destinada a nenos e nenas nados en 2021 ou posteriormente e cun percorrido de 80 metros, ata as categorías Sub 8 (2019-2020), Sub 10 (2017-2018), Sub 12 (2015-2016), Sub 14 (2013-2014), Sub 16 (2011-2012) e Sub 18 (2009-2010).

Na categoría absoluta estableceranse as subcategorías Sub 20 (2007-2008), Sub 23 (2004- 2006), Sénior (2003-1992), Máster 1 (1991-1986), Máster 2 (1985-1976), Máster 3 (1975-1966) e Máster 4 (1965 e anteriores).

As inscricións estarán abertas ata o xoves 19 de marzo ás 23:59 horas a través da plataforma web https://emesports.es/eventos. A participación terá un custe de 3 euros, mentres que será gratuíta para as persoas menores de 18 anos. Os dorsais poderanse recoller o mesmo día da proba no local do Hexágono, na área recreativa Xosé Ferro, en horario de 14:30 a 16:30 horas.

En canto aos premios, na clasificación absoluta as tres primeiras persoas clasificadas, tanto en categoría masculina como feminina, recibirán premios económicos de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, ademais da correspondente medalla. Tamén se entregará un trofeo e unha cesta con produtos locais ao mellor atleta pontés e á mellor atleta pontesa, sempre que estean empadroados no municipio.

Nas categorías de menores, todas as persoas participantes da categoría biberón recibirán unha medalla, mentres que nas restantes categorías se premiará ás tres primeiras persoas clasificadas.

Desde o Concello das Pontes animan á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao atletismo da comarca a participar nesta tradicional cita deportiva que combina deporte, convivencia e promoción de hábitos saudables nun entorno natural privilexiado.

Lea también

Cristóbal Parralo es cesado como entrenador del Nástic de Tarragona por la mala racha del equipo

Cristóbal Parralo  ha dejado de ser el entrenador del Nàstic de Tarragona. Así lo ha …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *