A Deputación da Coruña destina preto de 470.000 euros a 26 proxectos de cooperación internacional

As axudas permitirán financiar infraestruturas, equipamentos e accións estruturais en países como Costa de Marfil, Guinea Bissau, India, Perú ou Guatemala.

Fotografía Asociación Causas Comúns. Guinea Bissau

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional das axudas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro da provincia para o cofinanciamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento durante o ano 2026.

A institución provincial destina a estas axudas un total de 469.561,70 euros, que permitirán apoiar 26 proxectos solidarios impulsados por organizacións da provincia.

Estas liñas de apoio enmárcanse no compromiso da Deputación coa cooperación internacional, a solidariedade global e o cumprimento da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, contribuíndo á mellora das condicións de vida en distintos territorios do mundo.

No marco do programa de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de actividades, foron propostas provisionalmente como beneficiarias 16 entidades sen fins de lucro, cun importe total de 217.172,54 euros. Estas axudas están destinadas a financiar iniciativas relacionadas coa cooperación internacional, a axuda humanitaria, a sensibilización social, a educación para o desenvolvemento e o comercio xusto.

Pola outra banda, o programa de axudas investimentos conta cun orzamento de 252.389,16 euros, distribuídos entre 10 entidades beneficiarias. Neste caso, as achegas permitirán financiar actuacións vinculadas á construción ou mellora de infraestruturas, a adquisición de equipamentos e outras accións estruturais nos territorios destinatarios.

Entre os países nos que se desenvolverán os proxectos apoiados pola Deputación atópanse Costa de Marfil, Guinea Bissau, India, Perú ou Guatemala, entre outros, contribuíndo a mellorar servizos básicos, reforzar a capacidade das comunidades locais e impulsar iniciativas de desenvolvemento sostible.

Compromiso co desenvolvemento sostible e os dereitos humanos

Os proxectos subvencionados deberán integrar no seu deseño e execución as prioridades transversais recollidas no V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026). Entre elas destacan a erradicación da pobreza multidimensional, a igualdade de xénero, a defensa da sustentabilidade ambiental e a loita contra o cambio climático, así como o enfoque baseado nos dereitos humanos, o respecto pola diversidade cultural, a promoción da interculturalidade e o fortalecemento da sociedade civil.

Tamén se terán en conta as prioridades xeográficas, os colectivos prioritarios e os ámbitos estratéxicos definidos na planificación autonómica e estatal en materia de cooperación ao desenvolvemento.

Fotografía Asociación Causas Comúns. Guinea Bissau

Programa de investimentos en cooperación ao desenvolvemento 2026

Beneficiario

Concedido (€)

ARQUITECTURA SIN FRONTERAS ESPAÑA

29.952,00

ASOCIACION AMAP – ASOC. MUNDIAL PARA AYUDA DE LOS PUEBLOS NECESITADOS

24.832,00

ASOCIACION EGUEIRE

26.154,24

ASOCIACION MIRADAS AL MUNDO

25.532,00

COOPERACION VICENCIANA PARA EL DESARROLLO – ACCION MISIONERA VICENCIANA DE ESPAÑA (COVIDE – AMVE)

16.390,33

FUNDACION GALICIA INNOVA

19.360,00

FUNDACION SUMMA HUMANITATE

23.808,00

HORIZON EXPERIENCES

23.052,48

REMAR GALICIA

31.820,11

SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA

31.488,00

Total concedido: 252.389,16 €

 

Programa de actividades en cooperación ao desenvolvemento 2026

Beneficiario

Concedido (€)

A.I.R.E. ASOCIACION INTEGRAL DE RESCATE EN EMERGENCIAS

15.200,00

ASAMBLEA DE COOPERACION POR LA PAZ

16.480,00

ASOCIACION CAUSAS COMUNS

12.870,72

ASOCIACION HABITAMOS

15.408,00

ASOCIACION PARA A COOPERACION O DESENVOLVEMENTO SOLIDA

5.178,23

BEYOND SUNCARE

15.840,00

CAMINA NEPAL

15.954,29

COLABORACION Y ESFUERZO

12.168,00

ECODESARROLLO GAIA

18.720,00

FUNDACION AYUDA SOLIDARIA HIJAS DE JESUS

14.811,94

FUNDACION GALICIA INNOVA

5.000,00

FUNDACION TIERRA DE HOMBRES ESPAÑA

10.000,00

INFANCIA SOLIDARIA

18.080,00

MEDICOS DEL MUNDO

17.440,00

SEMILLA PARA EL CAMBIO

17.245,36

VIRAVENTOS

6.776,00

Total concedido: 217.172,54 €

Ligazóns:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/09/2026_0000001296.html

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/09/2026_0000001297.html

Lea también

A Área Sanitaria de Ferrol conmemora a 8M compartindo experiencias

«Mulleres da Sanidade. Exemplos que inspiran» reuniu este venres a profesionais, a 64 alumnos e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *