Obradoiro ‘Fóra de Xogo’ no CPI Atios de Valdoviño

Taller de micromachismos no CPI ATIOS. Fuente Concello de Valdoviño

As aulas do CPI Atios de Valdoviño acollían na mañá deste venres o obradoiro «Fóra do xogo» sobre micromachismos no deporte.

A educadora social Iria García e Sonia Fernández, alumna en prácticas do ciclo superior de Promoción da Igualdade de Xénero no IES Leixa, eran as encargadas de impartir o taller, que coa colaboración do centro educativo, estivo dirixido ao alumnado de 4º curso da ESO. Nel, ofrecéronse as claves para identificar os micromachismos e algunhas ferramentas para combatilos aplicando a perspectiva de xénero no ámbito deportivo.

Lea también

Irene García Nebril e Ariel Soto Meizoso conquistan a XII Milla Urbana de Valdoviño

Máis de 200 atletas de todas as idades tomaban parte este domingo na XII edición …