“A paisaxe que sabe” da Deputación da Coruña terá un espazo na Feira do Queixo de Moeche

A presenza do mercado da Deputación da Coruña, baixo a marca “A paisaxe que sabe”, na Feira do Queixo de Moeche o vindeiro 15 de marzo é unha das moitas novidades desta oitava edición.

Para detallar esta participación, a alcaldesa, Beatriz Bascoy, reuniuse esta semana na sede do organismo provincial co seu vicepresidente, Xosé Regueira, co que concretou o conxunto das actividades que se desenvolverán neste espazo.

Así, dentro do recinto feiral de Moeche, haberá unha zona propia reservada para o mercado, na que o prestixioso cociñeiro André Arzúa -promotor do centro gastronómico “Espazo abella” realizará varias demostracións culinarias ao longo do día. No meso escenario terá lugar a actuación musical de peche da feira, que correrá a cargo do grupo De Ninghures, banda referencia do folk galego.

O vicepresidente da Deputación manifestou ao rematar o encontro coa alcaldesa que a Área de Turismo “procura potenciar a conexión entre gastronomía, territorio e promoción económica e axudar, ao tempo, a darlle visibilidade ao patrimonio cultural e as feiras de Moeche”.

Reafírmase así a implicación da institución cos produtos agroalimentarios de calidade, o impulso económico do rural e a promoción turística da provincia a través da gastronomía.

Pola súa banda, Beatriz Bascoy agradeceu a Área de Turismo e en particular a Regueira esta nova colaboración coa Feira do Queixo e a súa aposta “por iniciativas de concellos pequenos, apoiando proxectos ambiciosos, importantes para poñer en valor o rural, neste caso o sector lácteo, e o produto de proximidade”.

A alcaldesa subliñou que concellos como o de Moeche precisan apoio loxístico e económico para sacar adiante iniciativas como esta, plenamente O mercado da Deputación, baixo a marca. “A paisaxe que sabe,” terá un espazo  propio na Feira do Queixo de Moeche consolidada xa no calendario de eventos gastronómicos.

Lea también

Ortigueira abre el plazo para adquirir 41 parcelas en el Polígono Industrial de A Rega

Este lunes 20 de abril, se abre el plazo de presentación de ofertas para la …