Unha unidade móbil de ITV agrícolas desprazarase ata o Val e Pedroso en Narón

Unha unidade móvil para a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas estará esta próxima semana en dúas parroquias da zona rural da cidade para facilitar as revisións obrigatorias de tractores, remolques e maquinaria autopropulsada.

A primeira xornada para as revisións será o luns 9 de marzo en Pedroso, onde a unidade se localizará no campo da festa desta parroquia e estará operativa únicamente en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, e en horario de tarde de 15:15 a 18:00 horas.

No caso da parroquia do Val, o servizo trasladarase á cooperativa o próximomartes 10 en horario de mañá, de 9.00 a 13.30, e de tarde, entre as 15.15 e as 18.00 horas e o mércores 11 estará tamén en horario de mañá.

As persoas interesadas en acudir cos seus vehículos poden reservar cita previamente chamando ao número de teléfono 981 928 080 ou a través da web: www.sycitv.com.

Lea también

Narón recibe do CPR Jorge Juan os carballos plantados polo alumnado de 1º da ESO

O edil de Medio Ambiente do Concello de Narón, Manuel Ramos, visitou as instalacións do …