Cristina Placer Rioboo elixida nova secretaria comarcal da CIG-Construción e Madeira de Ferrol

A IX Asemblea da Federación de Construción e Madeira da CIG de Ferrol, celebrada o pasado mércores, elixiu a Cristina Placer Rioboo como nova secretaria comarcal. No proceso tamén se escolleu a nova Executiva comarcal, as persoas para a Dirección Nacional da Federación así como as e os membros da Federación na Dirección Comarcal da CIG-Ferrol.

CIG Ferrol

A esta IX Asemblea presentouse unha única candidatura encabezada por Cristina Rioboo, a quen acompañarán na Executiva Comarcal Andrés Rodríguez, Luis Guerreiro, Ismael Martínez e Marcos Sánchez, anterior secretario comarcal da Federación.

Cristina Placer é traballadora do sector da carpintería e a actual presidenta do comité de Cándido Hermida no centro de traballo de novos materiais. A FCM-CIG de Ferrol destaca o feito de que por primeira vez unha muller acceda á Secretaría Comarcal, «tendo en conta que se trata dun sector moi masculinizado, pero ao que cada vez se incorporan máis mulleres».

Dende os novos órganos comarcais subliñan que traballarán por desenvolver os acordos saídos do IX Congreso Nacional da FCM-CIG “encamiñados a seguir organizando a clase traballadora galega a través do sindicalismo nacionalista, un sindicalismo combativo e non pactista, un sindicalismo asembleario e participativo, en definitiva un sindicalismo para acadar melloras para as traballadoras e traballadores por medio da mobilización e da clara aposta por unha negociación colectiva aquí e non en Madrid”.

Engaden que “traballemos para continuar como primeira forza sindical na comarca no ámbito da Federación e contribuír a que a CIG na comarca continúe, tamén, como primeira forza en número de delegadas e delegados”.

Lea también

El Concello de Ferrol rehabilitará próximamente el lavadero de Esmelle

Esta semana las labores del plan de barrios impulsado por el Concello de Ferrol realizaban …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *