A Deputación colabora coa Asociación de Mariscadoras de Cariño na semente de ameixas na praia de Figueiras

A Deputación proporcionou 210 quilos de semente de ameixa xaponesa para contribuír á rexeneración dos bancos marisqueiros e apoiar a continuidade da actividade.

A deputada de Mar, Crsitina Capelán, participou coas mariscadoras na semente de ameixas na praia de Figueiras.

A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, participou onte xoves xunto ás mariscadoras de Cariño na semente de ameixa xaponesa na praia de Figueiras, unha actuación destinada a reforzar os bancos marisqueiros da zona e apoiar a actividade dun colectivo que atravesa unha etapa especialmente complexa.

“A Deputación da Coruña adquiriu o pasado mes de febreiro arredor de 210 quilos de semente de ameixa xaponesa, unha variedade especialmente axeitada para este tipo de labores pola súa maior resistencia e menor mortalidade. Estas sementes equivalen a preto de 300.000 unidades, que están a ser sementadas polas mariscadoras nos bancos marisqueiros que xestionan en réxime de concesión”, explicou a responsable da área de Mar da Deputación da Coruña.

A actuación enmárcase na liña de apoio da institución provincial ao sector pesqueiro e marisqueiro da provincia e, en particular, ás mulleres do mar, que desempeñan un papel esencial na economía e na sustentabilidade do litoral coruñés.

A Asociación de Mariscadoras de Cariño leva tempo atravesando unha situación complicada, marcada pola escaseza de produto e pola caída dos ingresos, ao tempo que debe afrontar os custos das sementes de nova ameixas e do coidado do marisco. A esta situación súmase tamén a desaparición recente da confraría local, que agravou as dificultades organizativas e económicas do colectivo.

O sector marisqueiro galego enfróntase ademais a retos crecente derivados dos efectos do cambio climático, como a alteración da temperatura e da calidade das augas, así como do impacto doutros fenómenos ambientais que afectan á produtividade das rías e provocan episodios de elevada mortalidade dos bivalvos.

Neste contexto, o apoio da Deputación busca favorecer a rexeneración dos bancos marisqueiros e garantir a continuidade da actividade, contribuíndo á recuperación produtiva destes espazos e á sustentabilidade do recurso.

Rexeneración dos bancos marisqueiros

Unha primeira parte das ameixas foi sementada na zona dos Altos de Cedeira (CL-080), segundo o código de SIGREMAR, mentres que o resto permaneceu en pochóns, sacos de rede que permiten manter a ameixa en condicións adecuadas na auga ata o momento da sementeira.

Na xornada de hoxe completouse o proceso coa sementeira do resto das ameixas na praia de Figueiras, nunha actividade na que participaron tamén biólogos da Xunta de Galicia, encargados de supervisar tecnicamente o proceso e de autorizar a actuación.

A talla media dos moluscos sementados sitúase entre os 15 e os 18 milímetros e, segundo estiman as mariscadoras, as ameixas necesitarán entre dous e dous anos e medio para acadar a talla comercial que permita a súa extracción e comercialización.

Lea también

Los trabajadores de Navantia contarán con el apoyo unánime del Concello de Ferrol para la negociación de su Plan Industrial

El nuevo Plan Industrial para Navantia en sus astilleros de la ría de Ferrol en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *