Participación do Club Kang no Kickboxing Stars League Santander 2026

Esta pasada fin de semana, 3 seniors do equipo de competición de Kickboxing do Club Kang, desprazáronse a Santander para participar na Kickboxing Stars League I Santander 2026, unha competición que reuniu a deportistas de alto nivel dentro do panorama nacional.
 
Kickboxing Stars League Santander 2026-Fuente Club Kang
 
Trátase dun evento esixente, con enfrontamentos de máxima calidade nas distintas categorías. Representando ao Club Kang na categoría sénior, estiveron: Cristina Fernández, Sofía Er Roggany e Jairo Sánchez. Os tres competiron nas modalidades de LightContact e Kicklight.
 
Unha fin de semana de competición, experiencia e aprendizaxe nun contorno deportivo do máximo nivel. O traballo realizado por Jairo, Sofía e Cristina en KickLight foi mellor que o de LightContact, traballando con máis confianza e desenvolvendo un traballo máis completo, notándose unha melloría e unha progresión positiva duns combates a outros e dos eventos anteriores a este.
 
Kickboxing Stars League Santander 2026. Fuente Club Kang
Jairo pasa as primeras eliminatorias sobradamente e cae en semifinais, que tanto en LightContact coma en KickLight, debido a un pequeno sangrado nasal non pode continuar o combate e finalmente queda bronce en LightContact e bronce en KickLight.
 
Cristina Fernández e Sofía Er Roggany compiten, tamen, primero en LightContact e logo en KickLight, melloran moito o seu traballo pero ainda lles faltou unha pizca de confianza e algo de dinamismo, quedando Sofía bronce en LightContact e bronce en KickLight e Cristina prata tanto en LightContact coma en KickLight.
 
Kickboxing Stars League Santander 2026. Fuente Club Kang
O Club suma unha experiencia máis pra seguir mellorando e traballando de cara os próximos campionatos.
 
Esta  próxima fin de semana, o Club Kang participará no Campionato Galego Promesas de taekwondo, o seguinte estará no Campionato Galego de Kickboxing, e posteriormente continuará asistindo ós campionatos escolares e os ranqueables da Federación Galega de Taekwondo e os eventos da Federación Galega de Kickboxing, finalizando a tempada cos campionatos nacionais, nos que tentarán ter a máxima representación dentro das seleccións autonómicas.

Lea también

Trascendental partido para el BBCA masculino este sábado en Caranza

El Club Baloncesto Costa Ártabra afronta este fin de semana un partido clave en su …