Charla informativa ‘Seitura 22’ en Valdoviño

A casa da cultura acollía onte martes á tardiña unha charla informativa sobre as axudas LEADER que xestiona no territorio Seitura 22, entidade da que participa o Concello de Valdoviño.

O alcalde, Alberto González, daba a benvida ás persoas participantes, todas elas emprendedoras ou con empresa xa no municipio, e a técnica da asociación, Cristina Sequeiro, facía unha breve exposición sobre a convocatoria de axudas, dotada con máis dun millón de euros para proxectos produtivos e non produtivos, e con prazo de presentación de solicitudes ata o 6 de abril.

 
Entre as novidades, está a ampliación do prazo de execución e xustificación a 3 anualidades (as persoas e entidades promotoras poden levar a cabo o seu proxecto e investimentos ao longo do 2026, 2027 e 2028).
 
Na xuntanza, tentáronse dar resposta sobre todo ás cuestións concretas formuladas polo público asistente, e máis aló do encontro, a técnica puxo a asociación, con oficinas en Ferrol e Ortigueira, a disposición de todas as persoas interesadas en optar a esta liña de subvencións, animándoas a contactar nos 981 333 398 e 981 402 697.
 

Lea también

Exitoso arranque das Xornadas literarias de Neda

Concorrido arranque das XXI Xornadas literarias de Neda que, desta volta xiran ao redor da …