San Sadurniño acolle a estrea das curtametraxes realizadas no marco da X Chanfainalab

Este sábado 7 de marzo se estrea na Casa de Cultura de San Sadurniño 20 curtametraxes realizados no marco da X edición da Chanfainalab. As pezas foron producidas tanto por cineastas galeg@s como pola veciñanza de San Sadurniño.  O acto estará presentado pola popular actriz Isabel Blanco e o actor Kevin Lorenzo e comeza as 17.30 horas. Se adxunta un arquivo anexo coa programación do día.

A  PERSOALIDADE  DA CHANFAINALAB

Non é un festival competitivo, senón colaborativoTodos son capitáns, todos levan o mesmo premio, tanto cineastas consagrados como amateurs.

É unha festa da tolerancia entre estilos, idades, xéneros e xeitos de narrar ben diferentes dende o cinema popular  e rudimentario ata a vangarda máis innovadora. A sensación do espectador é a diversidade de propostas “un revolto de cousas diversas”.

É  un evento interxeneracional. Participantes dende os 16 anos aos 80.

A participación feminina dende a primeira edición no 2014 é de máis do 50%

Está centrado na producióne non no simple visionado de filmes.

Representa unha aposta pola democratización do audiovisual e a valoración da expresión individual  fronte a industria audiovisual

Pola incidencia planetaria e permanencia no devalar dos 250  filmes producidos a través da súa web (+ 200.000 visionados on line).

Porque cada peza insírese no patrimonio e a historia local con numerosos contidos relacionados nos que participa gran parte da veciñanza de San Sadurniño

Ten a singularidade de  potenciar o agromar e a formación de  cineastas locaise ao tempo promover aos cineastas galegos consolidados que conviven ao longo de tres días.

Un festival-proceso que acontece ao longo dun ano a través dos venres de Chanfaina.

Pódense visionar algunhas películas doutras edicións da Chanfainalab no enlace  https://www.falamedesansadurnino.org/tag/chanfainalab

Lea también

Este martes, inauguración oficial de la muestra «Imágenes de la Historia», en el Museo Naval de Ferrol

En el Museo Naval de Ferrol se ofrece una magnífica exposición, «Imágenes de la Historia» …