A Cea das Mulleres de Narón regresa o 13 de marzo ao pazo Libunca dentro da programación do 8M

O Concello de Narón celebra o próximo venres 13 de marzo unha nova edición da tradicional Cea das Mulleres, unha das actividades máis participativas da programación organizada con motivo do Día Internacional da Muller. O encontro terá lugar no pazo Libunca a partir das 21.30 horas e volverá converterse nun espazo de convivencia no que simbolizar a unión, a sororidade e o recoñecemento colectivo ao papel das mulleres na sociedade.

A concelleira de Igualdade de Narón presentou os detalles desta convocatoria que cada ano reúne a numerosas participantes nun ambiente festivo e reivindicativo. A cea contará ademais coa presenza da Muller do Ano 2026, cuxo nome se dará a coñecer previamente nun acto institucional de recoñecemento que se celebrará o 8 de marzo no CIMIX.

 

No apartado gastronómico, o menú incluirá entrantes variados —croquetas cremosas de bacallau, saquiños de lagostino con allo porro e queixo e empanada caseira de carne ou bonito—, seguidos de canelóns de carne guisada con bechamel de parmesano como prato principal, e milfolla de crema con xeado de turrón como sobremesa. A velada estará amenizada pola música do grupo Grupo Merekumbé, encargado de poñer ritmo a unha noite pensada para compartir e celebrar.

O prezo da participación é de 37 euros por persoa e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 11 de marzo. Desde o Concello animan a  todas as  persoas interesadas a sumarse a unha actividade xa consolidada dentro da programación do 8M en Narón.

Lea también

Narón reforza o compromiso coa igualdade e aproba unha moción fronte ao “rearmamento do machismo”

O pleno ordinario do mes de febreiro do Concello de Narón aprobou unha moción para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *