El Brujo, La Zaranda e Chévere entre a programación escénica de primavera no Pazo da Cultura de Narón

O Pazo da Cultura de Narón afronta o segundo trimestre de 2026 cunha programación que combina nomes históricos das artes escénicas co impulso á creación galega e propostas pensadas para todos os públicos.

O actor e dramaturgo El Brujo regresa ao escenario naronés con El viaje del monstruo fiero

A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou unha axenda na que destacan figuras e compañías de longa traxectoria xunto a espectáculos musicais, coproducións internacionais e montaxes familiares que reforzan o carácter plural da oferta cultural municipal.

Ferreiro incidiu na aposta por manter unha programación “equilibrada e accesible”, capaz de atraer públicos diversos e consolidar Narón como un dos principais espazos culturais de referencia en Galicia, combinando compañías consolidadas con proxectos innovadores e colaboracións internacionais.

Entre os pratos fortes da tempada sitúanse tres referentes da escena estatal e galega. O actor e dramaturgo El Brujo regresa ao escenario naronés con El viaje del monstruo fiero (11 de abril), un novo encontro co público baseado na
súa particular maneira de reinterpretar os clásicos e conectar coa tradición oral a través dun formato directo e próximo.

La Zaranda- Todos los ángeles alzaron el vuelo

A compañía andaluza La Zaranda, Premio Nacional de Teatro, achega con Todos los ángeles alzaron el vuelo (25 abril) o seu inconfundible universo escénico, marcado por unha estética poética e crítica que converte cada montaxe nunha reflexión sobre a condición humana e o paso do tempo.

Pola súa banda, a compañía galega Chévere, tamén Premio Nacional de Teatro, presenta o Día das Letras Galegas en Narón a súa última montaxe, ICTUS (a derradeira leición de anatomía do Dr. Castelao). A obra toma como fío condutor o cadro A derradeira leición do mestre, a última pintura asinada por Castelao no exilio, para construír unha viaxe teatral que percorre distintos momentos da historia da obra e do seu significado simbólico para Galicia. A través da memoria, o humor e a análise social, Chévere reafirma o seu compromiso cun teatro contemporáneo que dialoga coa realidade política e cultural.

Outro dos fitos do trimestre será a coprodución internacional Zombi manifiesto (29 de maio), impulsada polo Padroado da Cultura xunto á Sala Verdi de Uruguai, un proxecto que exemplifica a vocación de intercambio artístico e proxección exterior da programación naronense. Esta obra profundamente política evita os clichés e desata risas ao tempo que atrae unha crítica feroz ao sistema económico capitalista.

Chevere-«ICTUS». Foto-Sabela Eiriz

A programación reforza tamén a presenza da creación galega actual con BenQuerer (24 de abril), a nova proposta coreográfica de Fran Sieira na que comparte escenario co dúo de música de raíz Caamaño&Ameixeiras. O xira
arredor do autocoidado emocional e fusiona danza contemporánea e tradición sonora galega desde unha mirada renovadora.

O calendario inclúe tamén grandes formatos dirixidos ao público familiar e xuvenil. Entre eles destaca o musical infantil O libro da selva, da compañía Artika (6 de xuño), unha adaptación escénica pensada para achegar o teatro musical ás novas xeracións.

A oferta incorpora así mesmo o fenómeno xuvenil IdolsLa Revolución K-Pop (10 de maio), un musical que conecta coa cultura pop contemporánea e co fenómeno global da música coreana, ampliando o abano de estilos presentes na programación e buscando atraer novos públicos ao teatro.

Xunto a estes títulos, o programa inclúe outras propostas de teatro, música, danza e espectáculos familiares que completan unha tempada pensada para manter unha actividade cultural continua durante a primavera. A diversidade de formatos e linguaxes escénicas responde, segundo destacou Marián Ferreiro, ao obxectivo de consolidar públicos fieis e seguir abrindo o Pazo da Cultura a novas audiencias.

A programación completa, con información detallada de funcións e venda de entradas, pode consultarse a través das canles habituais do Padroado da Cultura de Narón.

Lea también

489 Aniversario de la Infantería de Marina. Interesante conferencia en Ferrol sobre los Tercios Españoles

(Gráficas Galicia Ártabra)Dentro de los actos de la celebraciòn de 489 aniversario de la Infantería …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *