Fene colabora unha vez máis co Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego

Dezasete veciños poden asistir a unha representación de Hamlet en Compostela aboando unicamente os 5 euros da entrada.

O Centro Dramático Galego pon a disposición do Concello de Fene 17 prazas de autobús para asistir a unha representación da obra Hamlet no Salón Teatro de Santiago. A cita para os veciños do citado concello será o venres 27 de marzo, con saída ás 15.45 horas da avda do Concello e retorno aproximado sobre as 20.15/20.30 horas. O comezo da función está previsto para as 18.00 horas e o prezo da entrada ascende a 5 euros (autobús de balde).

As persoas interesadas poderán reservar a praza ata o día 23 de marzo enviando un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal ou no teléfono 981 340 366, indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto.

Un elenco de 16 actrices e actores galegos asumen a actualización do clásico universal de Shakespeare, firmada polo propio Asorey e pola dramaturga Vanesa Sotelo, nunha montaxe de gran formato que terá a súa estrea o vindeiro 19 de marzo no Salón Teatro de Compostela.

O actor vigués Alejandro Jato encarnará o personaxe de Hamlet, o príncipe de Dinamarca sobre o que xira esta historia de traxedia, vinganza e violencia, acompañado de Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad e Sergio Zearreta.

Lea también

O mellor do fotoxornalismo galego reúnese en Ares na mostra ‘Galicia en Foco’

A 34ª edición de Galicia en Foco chega ó andar superior da Casa da Xuventude …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *