O Teatro Colón acolle a Gala de entrega dos premios do Deporte da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña acolleu a reunión do xurado da IV edición dos premios do Deporte convocados pola institución provincial, unha iniciativa coa que se pretende recoñecer a actividade e traxectoria dos deportistas e entidades máis destacadas da provincia.

O xurado está presidido polo deputado de Deportes, Antonio Leira, e integrado por profesionais de referencia no eido da información como Paulo Alonso, xefe de Deportes de La Voz de Galicia, Fran Hermida, xefe de Deportes de Radio Coruña SER, Leticia Chas, xornalista de COPE Galicia, Susana López, xornalista de El Correo, e Miriam Tembrás, xornalista de Diario de Ferrol.

O fallo do xurado darase a coñecer na Gala do Deporte que a Deputación organiza o vindeiro 20 de marzo no Teatro Colón da cidade herculina, e que contará coa presenza de representantes de centos de clubs e destacados persoeiros do ámbito deportivo da provincia.

Este ano establécense quince categorías de premios, “recoñecendo o labor de deportistas, clubs, adestradores, árbitros, entidades colaboradoras e iniciativas que contribúen á promoción do deporte na provincia da Coruña”, segundo explicou o deputado de Deportes, Antonio Leira, que incidiu tamén en que a Deputación da Coruña “aposta por un modelo deportivo no que teñen cabida tanto as grandes figuras como o traballo silencioso e constante de moitas persoas e entidades que fan posible que o deporte chegue a todos os concellos”.

Ademais das quince categorías oficiais, o xurado poderá recoñecer a título individual ou colectivo a aquelas persoas ou entidades que levasen a cabo unha labor ou desenvolvesen unha actuación no ámbito do deporte digna de ser destacada a nivel provincial.

Lea también

Excelentes sensaciones para el Club Sincro Ferrol en el Campeonato gallego de invierno de Ourense

El pasado fin de semana, el Club Sincro Ferrol participó en el Campeonato gallego de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *