Arrancan na UDC as probas dos Ctos Deportivos Universitarios Xunta de Galicia en vela e natación

O campus de Bastiagueiro acolle a competición de natación, que inclúe un total de 22 probas. O día 26 será a quenda de vela, que se realizará no Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa.

A Universidade da Coruña acolle o inicio dos Campionatos Deportivos Universitarios Xunta de Galicia na modalidade de natación, disciplina á que lle seguirá a de vela, ambas organizadas nesta edición pola UDC, dado que a organización é rotatoría entre as tres universidades públicas de Galicia.

Así este martes 24 de febreiro, arrancan as probas de natación da XXVIII edición desta competición. Terán lugar desde as 11,30 horas na piscina da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, situada no Campus de Bastiagueiro. Serán un total de 22 probas, combinando distancias curtas e medias; estilos individuais e probas de remudas mixtas, nas categorías absoluta femenina e masculina.

Disputarase en sistema de contra-reloxo, con toma de tempos manual e supervisado por persoal designado pola Federación Galega de Natación.

Desde o punto de vista deportivo, o campionato, que prevé a participación de preto de 80 deportistas, contribúe á promoción e consolidación da natación universitaria en Galicia, ofrecendo un espazo de competición oficial e de calidade. Ademais, as persoas que obteñan os mellores resultados poderán representar a Galicia nos campionatos de España Universitarios, que se desenvolverán en Granada o día 10 de abril.

A estas probas seguiralle a competición de vela, que se celebrará o día 26 no Centro Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa, na que participarán un máximo de 12 tripulacións mixtas compostas por 4 integrantes. As mellores tripulacións terán a oportunidade participar no campionato nacional, que se celebrará en Cádiz.

Os campionatos Universitarios

As tres universidades públicas de Galicia únense un ano máis para organizar os Campionatos deportivos universitarios Xunta de Galicia, un evento cuxa sede vaise rotando entre as tres institucións académicas e co que se promoven os valores do deporte, a convivencia, e o espíritu competitivo saudable entre a comunidade universitaria.

Nesta edición, o estudantado competirá en diversas disciplinas, desde deportes colectivos como fútbol, rugbi, baloncesto, voleibol e balonmán, ata modalidades individuais e ao aire libre como natación, vela e orientación. Cada unha delas é organizada por unha das tres universidades, correspondendo este ano ás de auga á UDC.

Lea también

El BBCA masculino no da con la tecla en el inicio de la segunda fase

Nuevo tropiezo en casa del Costa Ártabra este sábado, que está sumido en una crisis …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *