A Feira do Queixo de Moeche segue a medrar e xuntará preto de 70 expositores

Das 35 queixerías participantes 20 son galegas, 14 do resto do Estado e haberá un posto con produtos de Italia, Suíza e Francia.

Archivo-2024

A Feira do Queixo de Moeche continúa medrando en cada edición. Na deste ano, a oitava, participarán 67 expositores -14 máis que o ano pasado- , dos que 35 son queixerías e 32 de produtos agroalimentarios.

Na nave do mercado daranse cita o vindeiro día 15 de marzo unha variada representación de produtores: 20 das queixerías presentes serán galegas, pero tamén haberá outras 14 de diferentes puntos do Estado e mesmo un posto de produtos de Italia, Suíza e Francia.

Entre as novidades deste ano está a presenza do Mercado de Artesanía Agroalimentaria da Deputación da Coruña, que virá completar unha feira na que -ademais da exposición e venda de queixos- organízanse unha chea de actividades paralelas como catas dirixidas, obradoiros variados, tren do queixo, visitas ao castelo e actuacións musicais, entre outras. Un amplo programa que en breve se presentará na súa totalidade.

Lea también

Piden nueve años de prisión para un hombre por embestir el coche de su expareja y amenazarla en Miño

La Audiencia Provincial de A Coruña acogerá, el próximo martes,día 14 de julio, el juicio …